Relek (por Relyativistskiye Elektrony), tamén coñecido como MKA-PN 2 e máis tarde renomeado como Vernov, foi un satélite artificial de Rusia lanzado o 8 de xullo de 2014 mediante un foguete Soiuz 2-1b Fregat desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Relek foi un pequeno satélite lanzado para estudar o comportamento dos electróns nos cintos de radiación terrestres. Foi rebautizado como Vernov en honor a Sergei Vernov, un físico ruso. Relek foi construído usando o bus Karat e tiña unha masa duns 250 kg. Deixou de funcionar tras cinco meses en órbita en vez dos tres anos anos previstos de vida.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 2-1b Fregat

Categoría:Satélites artificiais