miniatura|Estado maior das Forzas de Defensa de Israel canda o primeiro ministro David Ben-Gurion en 1961. O estado maior é un órgano encargado de asesorar aos altos mandos militares no desenvolvemento das súas funcións en eidos tales como a administración, loxística, planificación, operacións ou intelixencia, por citar algúns casos. Ademais, tamén corresponde ao Estado maior facer as ordes pertinentes para plasmar as decisións do alto mando e velar pola súa aplicación. No caso dos estados maiores conxuntos das forzas armadas, o seu xefe adoita ser o oficial militar de maior rango e o maior conselleiro militar do goberno.

Historia No contexto das guerras revolucionarias francesas naceron as primeiras formas de estados maiores da man de, por exemplo, Louis Alexandre Berthier e as campañas en Italia, sendo logo copiadas por Napoleón. Pola súa banda, Prusia comezou a artellar o seu Estado maior dende 1806, cando a Academia Militar comezou a formar oficiais para tal fin, creándoo oficialmente en 1814. Con todo, non foi ata despois da guerra franco-prusiana que o modelo se divulgou e, a principios do século XX, os Estados Unidos crearon o seu en 1903 e o Reino Unido en 1904.

Notas

Categoría:Forzas armadas