O Dornier Do 17 foi un bombardeiro medio alemán usado durante a segunda guerra mundial. Era o bombardeiro medio alemán máis difundido cando comezou a guerra, e a Luftwaffe usouno a grande escala nas batallas de Francia e de Inglaterra. A finais de 1940 o seu deseño empezaba a quedar desfasado polo que foi dado de baixa como bombardeiro e comezou a realizar outro tipo de funcións.
Tratábase dun bombardeiro bimotor de á alta, con catro tripulantes concentrados na proa. A súa versión normalizada foi a Do 17Z-2.
Especificacións Tipo: Bombardeiro medio bimotor Dornier Do 17Z-2 Planta motriz: dous motores radiais Bramo 326P Envergadura: 18,0 m Lonxitude: 15,79 m Altura: 4,55 m Superficie alar: 55,0 m² Peso na engalaxe: 8.590 Kg Velocidade máxima: 345 Km/h Teito: 8.200 m Alcance: 1.160 Km Armamento: oito metralladoras de 7,92 mm e ata 1.000 Kg de bombas
Categoría:Aeronaves de Dornier Categoría:Bombardeiros alemáns da segunda guerra mundial Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1934