Maaja Ranniku, nada en Abja-Paluoja o 1 de marzo de 1941 e finada en Talín o 24 de outubro de 2004, foi unha xadrecista estoniana que competiu baixo a bandeira soviética até 1991. Obtivo o título de Mestra Internacional Feminina en 1964.

Resultados destacados Ranniku gañou dúas veces o Campionato Feminino de Xadrez da URSS, en 1963 (despois de vencer a Tatiana Zatulovskaia por 4-2 no tie break) e en 1967.

Foi campioa feminina de Estonia en dez ocasións (1961, 1963, 1967, 1973, 1981, 1982, 1984, 1987, 1988 e 1991).

En 1964 participou no Torneo de Candidatas en Sukhumi. Quedou en sexto lugar dun total de 18 xogadoras.

Os seus mellores resultados en torneos internacionais foron o primeiro posto en Budapest (1969) e en Brașov (1971), o segundo lugar en Vrnjačka Banja (1973) e o terceiro lugar no torneo zonal feminino en Bixkek (1978).

En 1992 xogou coa selección de Estonia nas Olimpíadas de Xadrez de Manila. Marcou 6½ puntos en 11 partidos.

Notas

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética