miniatura|upright|Colmea de abellas. A sociedade é o conxunto de individuos que comparten fins, condutas e cultura, e que se relacionan interactuando entre si, cooperativamente, para constituír un grupo ou unha comunidade política que comparte o mesmo territorio espacial ou social, normalmente suxeito á mesma autoridade e expectativas culturais dominantes. As sociedades caracterízanse por patróns de relacións (relacións sociais) entre individuos que comparten unha cultura e institución distintas; unha sociedade dada pode describirse como a suma total de tales relacións entre os seus membros constituíntes.
As estruturas sociais humanas son complexas e altamente cooperativas, caracterizándose pola división do traballo a través de roles sociais. As sociedades constrúen roles e outros patróns de comportamento considerando certas accións ou conceptos aceptables ou inaceptables; estas expectativas con respecto ao comportamento dentro dunha sociedade dada coñécense como normas sociais. Na medida en que é colaborativa, unha sociedade pode permitir que os seus membros se beneficien de xeitos que serían difíciles de conseguir individualmente.
As sociedades varían segundo o nivel tecnoloxico e o tipo de actividade económica. As sociedades máis grandes, con maiores excedentes de alimentos, adoitan exhibir patróns de estratificación social ou xerarquía de dominancia. As sociedades poden ter diferentes formas de goberno, diversas formas de entender o parentesco e diferentes roles de xénero. O comportamento humano varía inmensamente entre as diferentes sociedades; os humanos configuran a sociedade, pero a sociedade, á súa vez, configura os humanos.
Existen sociedades animais como as sociedades de formigas ou as de primates cuxo estudo realízao a sociobioloxía ou a etoloxía social. As sociedades de humanos son estudadas polas chamadas disciplinas sociais, principalmente a socioloxía e outras como a antropoloxía e a economía. Modernamente, existe un interese da física, desde a perspectiva de sistemas complexos, polo estudo de fenómenos sociais; este esforzo deu lugar a disciplinas como a sociofísica e a econofísica. Nun sentido aínda máis amplo, fálase de sociedade virtual referida ós fenómenos que se xeran e observan en grupos baixo interacción no ciberespazo, sociedades artificiais como a de ordenadores interconectados ou sociedades de robots, de autómatas, de criaturas dixitais etcétera. Etimoloxía O vocábulo "sociedade" procede da palabra latina societas, que á súa vez deriva do substantivo socius ("camarada, amigo, aliado"), empregado para describir unha ligazón ou interacción entre partes que son amistosas ou polo menos civilizadas. Concepcións
En bioloxía alt=Múltiples formigas negras rodeando e rubindo sobre unha mantis morta|miniatura|upright|Etoloxía social das formigas: As formigas son insectos eusociais. O grupo social permite aos seus membros beneficiarse de maneiras que non serían posibles de forma individual. miniatura|upright|Etoloxía social do Canis lupus Os humanos, xunto cos seus parentes máis próximos, os bonobos e chimpancés, son animais altamente sociais. Este contexto biolóxico suxire que a sociabilidade subxacente necesaria para a formación de sociedades está arraigada na natureza humana. A sociedade humana caracterízase por altos graos de cooperación e diferénciase en aspectos importantes dos grupos de chimpancés e bonobos, incluíndo o rol parental dos homes, o uso da linguaxe para comunicarse, a especialización do traballo e a tendencia a construír "niños" (campamentos multixeneracionais, pobos ou cidades).
Algúns biólogos, incluído o entomólogo E. O. Wilson, clasifican aos humanos como eusociais, situando aos humanos xunto ás formigas no nivel máis alto de sociabilidade no espectro da etoloxía animal, aínda que outros non están de acordo. A vida en grupo social pode evolucionar nos humanos debido á selección de grupo en ambientes físicos que dificultaban a supervivencia. En socioloxía
Na socioloxía occidental, hai tres paradigmas dominantes para entender a sociedade: funcionalismo (tamén coñecido como funcionalismo estrutural), teoría do conflito e interaccionismo simbólico.
Segundo Karl Marx, os seres humanos son intrinsecamente, necesariamente e por definición seres sociais que, ademais de seren "criaturas gregarias", non poden sobrevivir e satisfacer as súas necesidades excepto a través da cooperación e a asociación social. As súas características sociais son, polo tanto, en gran medida, un feito obxectivamente dado, impreso neles desde o nacemento e afirmado polos procesos de socialización; e, segundo Marx, na produción e reprodución da súa vida material, as persoas deben necesariamente entrar en relacións de produción que son "independentes da súa vontade".
En contraste, o sociólogo Max Weber, por exemplo, define a acción humana como "social" se, en virtude dos significados subxectivos que os individuos lle atribúen á acción, esta "ten en conta o comportamento dos demais e está así orientada no seu curso". Funcionalismo Segundo a escola de pensamento funcionalista, os individuos na sociedade traballan xuntos como órganos no corpo para crear comportamentos emerxentes, ás veces referidos como conciencia colectiva. Os sociólogos do século XIX Auguste Comte e Émile Durkheim, por exemplo, crían que a sociedade constitúe un "nivel" separado da realidade, distinto tanto da materia biolóxica como inorgánica. As explicacións dos fenómenos sociais debían, por tanto, construírse dentro deste nivel, sendo os individuos ocupantes de roles sociais comparativamente estables. Teoría do conflito Os teóricos do conflito adoptan a visión oposta, e postulan que os individuos e os grupos sociais ou clases sociais dentro da sociedade interactúan en base ao conflito en lugar do acordo. Un prominente teórico do conflito é Karl Marx, quen concibiu a sociedade como operando sobre unha "base" cunha "superestructura" de goberno, familia, relixión e cultura. Marx argumenta que a base económica determina á superestrutura, e que ao longo da historia, o cambio social foi impulsado polo conflito entre traballadores e aqueles que posúen os medios de produción. Interaccionismo simbólico O interaccionismo simbólico é unha teoría microsociolóxica que se centra nos individuos e en como o individuo se relaciona coa sociedade. Os interaccionistas simbólicos estudan o uso compartido da linguaxe por parte dos seres humanos para crear símbolos e significados comúns, e utilizan este marco de referencia para entender como os individuos interactúan para crear mundos simbólicos e, á súa vez, como estes mundos modelan os comportamentos individuais.
Na segunda metade do século XX, os teóricos comezaron a ver a sociedade como socialmente construída. Nesta liña, o sociólogo Peter L. Berger describe a sociedade como "dialéctica": A sociedade é creada polos humanos, pero esta creación á súa vez crea ou moldea aos humanos. Perspectivas non occidentais alt=Retrato en branco e negro de José Rizal|miniatura|upright|José Rizal, un teórico das sociedades coloniais A énfase sociolóxica no funcionalismo, a teoría do conflito e o interaccionismo simbólico foi criticado como eurocéntrico. O sociólogo malasio Syed Farid al-Attas, por exemplo, argumenta que os pensadores occidentais están particularmente interesados nas implicancias da modernidade, e que a súa análise das culturas non occidentais é por tanto limitado en alcance. Como exemplos de pensadores non occidentais que tomaron un enfoque sistemático para entender a sociedade, al-Attas menciona a Ibn Khaldún (1332–1406) e José Rizal (1861–1896).
Khaldún, un árabe que viviu no século XIV, entendía a sociedade, xunto co resto do universo, como tendo unha "configuración significativa", cunha aleatoriedade percibida atribuíble a causas ocultas. Khaldún conceptualizou as estruturas sociais como tendo dúas formas fundamentais: nómade e sedentaria. A vida nómade ten unha alta cohesión social (asabijja), que Khaldun argumentaba que xurdía do parentesco, costumes compartidos e unha necesidade compartida de defensa. A vida sedentaria, segundo Khaldun, estaba marcada pola secularización, unha diminución da cohesión social e un maior interese polo luxo.
Rizal foi un nacionalista filipino que viviu cara ao final do período colonial español que teorizou sobre as sociedades coloniais. Rizal argumentou que a indolencia, que os españois utilizaron para xustificar a súa ocupación colonial, foi causada pola ocupación colonial. Rizal comparou a era precolonial, cando os filipinos controlaban as rutas comerciais e tiñan unha maior actividade económica, co período de dominio colonial, e argumentou que a explotación, o desorden económico e as políticas coloniais que desalentaron a agricultura levaron a unha diminución do interese polo traballo. En antropoloxía
miniatura|upright|Representantes da etnia kuikuro na cerimonia de clausura da novena edición dos Xogos dos Pobos Indíxenas (Pernambuco, Brasil) O relativismo cultural como enfoque ou ética xeneralizada substituíu en gran medida as nocións de "primitivo", mellor/peor ou "progreso" en relación coas culturas (incluíndo a súa cultura material/tecnoloxía e organización social).
Para o antropólogo Maurice Godelier, "os homes non viven soamente en sociedade, como os primates e outros animais sociais, senón que eles producen a sociedade para vivir nela, e para producir unha sociedade, é preciso combinar tres principios": dar, intercambiar e conservar. Ao brindar unha cousa consérvase unha parte da persoa na cousa dada, se se intercambia técese unha separación total entre a persoa e a cousa; pero si gárdase reafírmase unha "identidade histórica" entre a persoa e a cousa, que hai que transmitir ata que desapareza.Godelier asegura que a orixe das sociedades humanas non pode ser definido polas súas relacións de parentesco porque non son suficientes para marcar lazos de unión entre os grupos humanos; as relacións que fan aos grupos e aos individuos partícipes da creación dunha sociedade son as relacións político-relixiosas baseadas na natureza externa dos seres humanos e a que eles crean para representar e interpretar o mundo. Tipos As sociedades son grupos sociais que se diferencian segundo estratexias de subsistencia, as formas en que os humanos utilizan a tecnoloxía para satisfacer as súas necesidades. Aínda que os humanos estableceron moitos tipos de sociedades ao longo da historia, os antropólogos tenden a clasificar as diferentes sociedades segundo o grao en que os distintos grupos dunha sociedade teñen un acceso desigual a vantaxes como os recursos, o prestixio ou o poder. Practicamente todas as sociedades desenvolveron algún grao de desigualdade entre os seus habitantes a través do proceso de estratificación social, a división dos membros dunha sociedade en niveis con riqueza, prestixio ou poder desiguais. Os sociólogos tenden a clasificar as sociedades segundo o seu nivel tecnolóxico e as dividen en tres grandes categorías: preindustrial, industrial, e postindustrial.
As subdivisións destas categorías varían e as clasificacións adoitan basearse no nivel de tecnoloxía, comunicación e economía. Un exemplo desta clasificación provén do sociólogo Gerhard Lenski, que enumera: (1) caza e recolección; (2) horticultura; (3) agricultura; e (4) industria; así como sociedades especializadas (por exemplo, pesca ou pastoreo).
Algunhas culturas evolucionaron co tempo cara a formas máis complexas de organización e control. Esta evolución cultural ten un profundo efecto nos patróns comunitarios. As tribos de cazadores-recolectores ás veces asentábanse arredor do subministración de alimentos estacional, converténdose en aldeas agrícolas. As aldeas convertéronse en vilas e cidades. As cidades transformáronse en cidades estado e estado nación. Non obstante, estes procesos non son unidireccionais. Preindustrial