O Códice Magliabechiano é un códice pictórico azteca creado a mediados do século XVI, no período colonial español temperán. É un dos mellores representantes dun conxunto de códices coñecidos colectivamente como o Grupo Magliabechiano (os outros códices no grupo inclúen o Códice Tudela e o Códice Ixtlilxochitl). O Códice Magliabechiano baséase nun códice descoñecido anterior, que se supón que foi o prototipo do Grupo Magliabechiano. Leva o nome de Antonio Magliabechi, un coleccionista italiano de manuscritos do século XVII, e consérvase na Biblioteca Nacional Central de Florencia, en Italia.

Foi creado en papel europeo, con debuxos e texto en castelán a ambos lados de cada páxina. O Codex Magliabechiano é principalmente un documento relixioso. Represéntanse diversas divindades, ritos relixiosos indíxenas, traxes e crenzas cosmolóxicas. As súas 92 páxinas son case un glosario de elementos cosmolóxicos e relixiosos. Descríbese o ciclo de 52 anos, así como os 20 nomes de días dos Tōnalpōhualli e as 18 festas mensuais. miniatura|Códice Magliabechiano (folio 30).

Imaxes

Representacións SVG

Páxinas cheas de iconas

Iconas

Véxase tamén Bibliografía

Carrasco, David. (2001). The Oxford Encyclopedia of Mesoamerican Cultures: The Civilizations of Mexico and Central America. Oxford. .

Facsimile: Codex Magliabechiano, Florence, Biblioteca Nazionale Centrale, Middle of the 16th century; Akademische Druck- u. Verlagsanstalt (ADEVA) Graz 1970. Colour facsimile edition of the manuscript in possession of the Biblioteca Nazionale Centrale di Firenze. 186 pp., size: 215 x 155 mm. Encased in box with leather spine. Introduction , summaries e : F. Anders, Vienna, 78 pp., 1 plate; CODICES SELECTI, Vol. XXIII

Ligazóns externas Codex Magliabechiano (Graz, 1970) Codex Magliabecchiano (Rome, 1904)

Categoría:Códices aztecas