Xosé Luís Miguélez Saínza, nado en Ourense en 1972, é un saxofonista, gaiteiro e profesor de conservatorio galego.
Traxectoria Como moitos mozos e mozas do tempo, Miguélez comezou na música de cativo, aprendendo gaita na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, que dirixía inicialmente Manolo Brañas. Logo de abandonar a disciplina da Banda, en 1990, foi a primeira persoa en conseguir o título superior en instrumentos da música tradicional en Galicia.
Marchou estudar jazz na Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo do Porto e despois fixo un máster na Guildhall School of Music and Drama en Londres. Logo continuou recibindo clases con intérpretes estadounidenses como Chris Cheek, Ethan Iverson (piano) ou Matt Otto, que foi produtor do seu primeiro disco, Ontology. As melodías de Ontology parten da idea de catro notas que recolleu nunha cantiga popular Dorothé Schubarth en Cercedelo (Laza).
O seu segundo disco, Contradictio, arrancou en 2019, cando montou un cuarteto a canda Jean-Michel Pilc: despois de dous concertos, e cando ían comezar a gravar, a epidemia de covid-19 fixo deter os proxectos de gravación co grupo ata outono de 2022.
Tamén ten tocado no XMA Trío, con Xacobe Martínez Antelo, no quinteto de Mário Santos ou na orquestra de jazz Imaxina Sons. En 2023 tocou co gallo da entrega dos premios Princesa de Asturias para o afeccionado ao jazz Haruki Murakami.
Ademais, desde o ano 2002 é profesor de música tradicional galega e, posteriormente, tamén de iniciación ao jazz no Conservatorio Profesional de Vigo e actualmente no Conservatorio profesional de Ourense.
Discografía Ontology (Origin Records, 2019), premio Martín Códax da Música, na categoría de jazz e músicas improvisadas. Coa participación de Matt Otto (saxofón tenor), Storm Nilson (guitarra), Ben Leifer (baixo acústico e eléctrico), John Kizilarmut (batería e caixón flamenco) e Peter Schlamb (vibráfono). Contradictio (Origin Records, 2022), con Jean-Michel Pilc (piano), Carlos Barretto (contrabaixo) e Marcos Cavaleiro (batería).
Premios Premio Martín Códax da Música, jazz e músicas improvisadas (2019), por Ontology. Premio Martín Códax da Música, jazz e músicas improvisadas (2022), por Contradictio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xosé Miguélez falando de gaiteiros e gaiteiras da provincia de Ourense (YouTube).
Categoría:Saxofonistas de Galicia Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1972 Categoría:Saxofonistas de jazz Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes