Jordi Tur Antonio, nado en Eivisa o 19 de maio de 1998, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Despois de destacar na canteira do San Rafel da súa illa natal, ingresou aos 15 anos na estrutura do FC Barcelona, militando ata o 2017 no equipo xuvenil da División de Honra. Rematada a súa etapa como xuvenil, fichou polo Cádiz B, da Terceira División, co que logrou o ascenso a Segunda B na tempada 2018/19.

No mercado invernal da tempada 2019/20 foi cedido ao Córdoba, ao que chegou cunha pequena lesión muscular. Tras recuperarse desta non conseguiu facerse cun oco no equipo, marchando ao remate da tempada sen chegar a debutar. De regreso en Cádiz, recuperou protagonismo e acadou os 108 partidos co filial.

Para a tempada 2020/21 fichou polo Numancia, proclamándose campión do seu grupo da Segunda División RFEF, e logrando así o ascenso a Primeira RFEF. Despois de dous anos en Soria, asinou en 2023 polo Unionistas de Salamanca, tamén de Primeira RFEF.

Palmarés Cádiz B Terceira División (1): 2018/19.

Numancia Segunda División RFEF (1): 2020/21.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en Eivisa Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF B Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca