Hiba Kamal Abu Nada, (en ) nada na Meca o 24 de xuño de 1991 e finada o 20 de outubro de 2023, foi unha poeta, novelista, nutricionista e wikipedista palestina. Gañou o Premio Sharjah á Creatividade Árabe (segundo posto) na 20ª sesión en 2017.

Traxectoria Abu Nada naceu na Meca, Arabia Saudita, o 24 de xuño de 1991. Graduouse na Universidade Islámica de Gaza, onde obtivo o título de bioquímica, e despois fixo un mestrado en nutrioloxía na Universidade Al-Azhar de Gaza. Gañou o Premio Sharjah á Creatividade Árabe (segundo posto) na 20ª edición pola súa novela al-Uksujīn laysa lil-mawtā (‘O osíxeno non é para os mortos,’ en ) en 2017.

O 20 de outubro de 2023 morreu durante un ataque aéreo da Forza Aérea Israelí sobre o seu fogar. Tiña 32 anos.

Notas

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados na Meca Categoría:Finados en 2023 Categoría:Wikimedistas Categoría:Escritores de Palestina