A Universidade Villanueva ou Universidade Internacional Villanueva, é unha universidade de titularidade privada, pertencente a Fomento de Centros de Enseñanza e está situada en Madrid (España) e está afiliada á organización católica Opus Dei. Creada en 2019, comenzou a funcionar en 2020, aínda que a súa historia remóntase a 1997.
Historia A súa orixe está no 9 de decembro de 1977, cando se funda a Escuela Universitaria del Profesorado "Fomento de Centros de Enseñanza", dirixida por Tomás Alvira. Posteriormente, no 1997, créase o Centro de Enseñanza Superior Villanueva, estando ámbolos dous centros adscritos á Universidade Complutense de Madrid.
Finalmente, os dous centros adscritos acaba uníndose para crear a Universidade Internacional Villanueva, que foi recoñecida como universidade privada pola Lei 5/2019, de 20 de marzo (Boletín Oficial da Comunidade de Madrid de 28 de marzo e Boletín Oficial do Estado de 5 de xullo), autorizándose o inicio de actividades da universidade no curso académico 2020-2021.
Centros docentes A universidade comezou con dúas facultades e, en 2023, ofrecía as seguintes ensinanzas:
Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas: Graos: Grao en Administración e Dirección de Empresas, Grao en Dereito, Grao en Mestre de Educación Infantil, Grao en Mestre en Educación Primaria, Grao en Comunicación Audiovisual, Grao en Periodismo, Grao en Publicidade e Relacións Públicas. Dobres graos: en Administración e Dirección de Empresas e Dereito, en Mestre de Educación Infantil e Primaria, en Educación Primaria e Psicoloxa. Posgraos: Mestrado en Periodismo Deportivo (presencial, online e semipresencial), Mestrado en Acceso a la Avogacía, Mestrado Universitario en Avogacía Dixital, Emprendimiento y Tecnología, Mestrado Universitario en Formación del Profesorado, Mestrado Universitario en Gestión de Centros Educativos. Facultade de Ciencias da Saúde Graos: Psicoloxía. Posgraos: Mestrado Universitario en Atención Temperá, Mestrado Universitario en Psicoloxía da Educación, Mestrado Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria.
Campus O seu campus está formado por dous edificios na rúa da Costa Brava do barrio de Mirasierra, no distrito Fuencarral-O Pardo de Madrid.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web
Categoría:Universidades da Comunidade de Madrid Categoría:Opus Dei Categoría:Universidades privadas de España