O río de Zamáns, tamén chamado río de Vilaza ou río Amial, é un curso de auga que discorre polos concellos de Vigo e Gondomar. É afluente do río Miñor.
Curso miniatura|Encoro de Zamáns Nace no Galiñeiro, na parroquia de Zamáns (Vigo). No seu leito construíuse o encoro de Zamáns. Discorre polas parroquias gondomareñas de Vincios e Vilaza. Na vila de Gondomar, concretamente ao carón da Paradela, conflúe co río das Rasas, para converterse no río Miñor.
Historia miniatura|Muíño das Maquías Na documentación medieval, tamén recibía o nome de Miñor. No século XVIII, xa estaba consolidado o actual nome.
Patrimonio e natureza Na parroquia de Zamáns atópase un conxunto etnográfico de cinco muíños restaurados a comezos do século XXI e unha senda. Cabe destacar tamén o muíño das Maquías e o encoro de Zamáns. Atravesa o núcleo urbano de Gondomar. Ás súas beiras atópase o paseo da Coelleira e unha pontella.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Xeografía de Vigo Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra Categoría:Xeografía de Gondomar Categoría:Natureza en Vigo