Saphir foi un foguete espacial francés en servizo entre 1965 e 1967. Estaba formado por dúas etapas, unha primeira Emeraude e unha segunda Topaze.

Características Saphir foi o penúltimo foguete do programa pedras preciosas francés. Tiña un impulso de 280 kN e era capaz de levar 365 kg de carga a unha altura de 1000 km, aínda que non podía poñer cargas en órbita. Lanzáronse 15 Saphir, con dous fallos. Había tres variantes:

-Saphir P: para probar un sistema de guiado por radiocontrol. -Saphir G: para probar un sistema de guiado inercial. -Saphir R: para probar un sistema de separación de oxiva e reentrada dunha cabeza de combate.

Historial de lanzamentos VooDataRampla de lanzamentoCargaResultadoNotas15 de xullo de 1965Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoPrimeiro voo dun Saphir. Variante P.210 de xullo de 1965Rampla B de HammaguiraProba de reentradaFalloVariante P.39 de outubro de 1965Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante P.413 de marzo de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante G.518 de marzo de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante G.628 de marzo de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante R.75 de abril de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante R.823 de xuño de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante R.95 de outubro de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante R.1028 de outubro de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante G.112 de novembro de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante G.122 de decembro de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaFalloVariante R.1313 de decembro de 1966Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante R.1419 de xaneiro de 1967Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante G.1527 de xaneiro de 1967Rampla B de HammaguiraProba de reentradaÉxitoVariante G.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Emeraude

Categoría:Foguetes espaciais