San Xoán de Abrence é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Segundo o INE, en 2025 tiña 88 habitantes (47 homes e 41 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 112 habitantes. En 1991 tiña 173 habitantes.
Limita ao norte coas parroquias de Cereixa e Castroncelos, ao leste con Barxa de Lor, ao oeste con Pinel e ao sur con Liñares e Quintá de Lor. O centro da localidade está situado a 483 m de altitude, ao sur da estrada N-120.
Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial. O primeiro domingo de setembro celébranse as festas na honra a Santa Lucía.
Lugares e parroquias Lugares de Abrence
Parroquias da Pobra do Brollón
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón Ligazóns externas Sitio web de Abrence
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán