Jacques Heurgon, nado en París o 25 de xaneiro de 1903 e finado na mesma cidade o 27 de outubro de 1995, foi un latinista, etruscólogo e numismático francés.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Jacques Heurgon naceu en París o 25 de xaneiro de 1903."1903, Naissances, 08 ". Archives.paris.fr"Heurgon Jacques". Académie des inscriptions et belles lettres (AIBL.fr)."Heurgon, Jacques". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr). Cursou o seu ensino secundario no Liceo Condorcet,"Heurgon, Jacques". Universalis.fr onde coñeceu o poeta Jean Tardieu, con quen mantivo correspondencia durante anos.Tardieu, J.; Heurgon, J. Le ciel a eu le temps de changer: correspondance, 1922-1944. Institut Mémoires de l'édition contemporaine, 2004

En 1923 ingresou na École normale supérieure desa cidade para cursar estudos de Letras, dos que se graduou en 1927. Entre 1928 e 1930 estivo na Escola Francesa de Roma, onde iniciou os seus primeiros proxectos de investigación sobre Tipasa e Capua.Favier, J. (1995). Páxina 881.

Non foi ata 1942 cando acadou o seu doutoramento, en Letras, cunha tese sobre a Capua romana."Heurgon (Jacques)". Les thèses de doctorat ès lettres soutenues en France de la fin du XVIIIe siècle à 1940. Ressources numériques en histoire de l'éducation (RHE.ish-Lyon.cnrs.fr).

Traxectroria académica Logo dun tempo como profesor no liceo Henri-Poincaré de Nancy, pasou a impartir docendia na Facultade de Letras Universidade de Alxer en 1932, e durante os anos seguintes afondou no conñecemento da África romana.

Durante a segunda guerra mundial interrompeu a súa carreira académica para participar dentro da tercera división de infantaría alxerina nas campañas do norte de África e de Italia, onde foi merecedor tres condecoracións e da Cruz de Guerra.

Finalizada a contenda, Heurgon retomou o ensino, e en 1945 asumiu a cátedra de lingua e literatura latinas na Universidade de Lille, compatibilizando ese posto co de director do distrito arqueolóxico do Norte. Entre 1953 e 1971 exerceu a súa cátedra na Sorbona, institución na que en 1972 foi nomeado profesor honorario.Favier, J. (1995). Páxina 882.

Nas súas investigacións, Heurgon intersesouse polo mundo italo-romano, sinaladamente a arqueoloxía e a numismática etruscas, as antigüidades galo-romanas e afro-romanas, e a literatura de autores como Tito Livio, Cicerón, Plauto e Séneca. Sobre estes temas ten unha abundante produción bibliográfica, non só como autor senón tamén como editor de textos clásicos."Bibliographie des travaux de Jacques Heurgon, 1929-1974". En Mélanges, l’Italie préromaine et la Rome républicaine. Mélanges offerts à Jacques Heurgon. École française de Rome, Roma. 1976, Páxinas XIII-XXI. ISBN 2-7283-0438-6

Entre outras entidades e sociedades eruditas, formou parte do Consello Superior da Investigación Arqueolóxica, do Comité de Traballos Históricos, da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, da Sociedade de Estudos Latinos, da Asociación Guillaume-Budé, da Sociedade para a Promoción dos Estudos Romanos de Londres e do Instituto Arqueolóxico Alemán. Tamén foi membro da Sociedade Francesa de Numismática,Favier, J. (1995). Páxinas 882-883. que presidiu entre 1961 e 1963.Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.

Do mesmo xeito, Jacques Heurgon foi elixido membro de diversas academias de prestixio. Na Académie des Inscriptions et Belles-Lettres ingresou o 13 de decembro de 1968, e foi nomeado presidente en 1979. Pertenceu tamén, entre outras, á Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, á Academia das Ciencias de Turín, á Academia Etrusca de Cortona a Academia Nacional dos Lincei de Roma, ao Instituto de Estudos Etruscos e Itálicos de Florencia, á Real Academia de Bélxica e á Academia Británica.

Os seus méritos académicos fixérono merecedor do nomeamento como Cabaleiro da Lexión de Honra en 1956, e como Oficial en 1975. Ademais foi nomeado Comendador da Orde das Palmas Académicas e Oficial da Orde das Artes e das Letras.Favier, J. (1995). Páxina 883. En Italia concedéuselle a medalla de ouro de Cultor Romae. Tamén recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade Libre de Bruxelas.

Vida persoal Jacques Heurgon estivo casado con Anne Heurgon-Desjardins, con quen tivo un fillo e dúas fillas.

Heurgon finou en París o 27 de outubro de 1973, vítima dunha doenza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

André, J-M. (1995). "Jacques Heurgon". En Bulletin de l'Association Guillaume Budé. LH-54. Páxinas 303-305. Favier, J. (1995). "Allocution à l'occasion du décès de M. Jacques Heurgon, académicien ordinaire". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 139-4. Páxinas 881-883. Kirkup, J. (1995). "Obituary: Professor Jacques Heurgon". En The Independent. 4 de decembro. Marcadé, J. (1996). "Jacques Heurgon (1903-1995)". En Monuments et mémoires de la Fondation Eugène Piot. 75. Páxinas 5-7.

Ligazóns externas "Heurgon, Jacques". Enciclopedia Treccani (Treccani.it) "Heurgon, Jacques". Sapere.it

"Heurgon, Jacques". Universalis.fr "Heurgon (Jacques)". Archives Nationales (Siv.archives-nationales.culture.gouv.fr/)

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1995 Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Latinistas Categoría:Lingüistas da lingua etrusca Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Profesores da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade de Lille Categoría:Profesores da Universidade de Alxer Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática