Tindáeo (ou Tíndaro) (en grego antigo Τυνδάρεος / Tundáreos) foi un rei de Esparta, pai dos Dióscuros, Cástor e Pólux, e de Clitemnestra, entre outros.
Biografía A xenealoxía de Tindáreo é algo sobre o que non existe acordo entre as diversas tradicións Estas discrepancias non son infrecuentes nas biografías que recollen os diferentes mitógrafos.. As máis antigas fano fillo de Ébalo e da náiade Batia; Batia tamén sería a nai de Icario e Hipocoonte, e outros irmáns ou medio irmáns de Tindáreo serían Afareo, Leucipo e, segundo algúns, Arene. miniatura|Cerámica do período clásico (c. 380-370 a. C.) que representa os Dióscuros con Tindáreo, sentado no centro, e Leda. Outras fontes manteñen que sería fillo de Ébalo e Gorgófone (filla de Perseo), segunda esposa de Ébalo, coa que tivo tamén a Icario e Hipocoonte.
Pero para Apolodoro, foi fillo de Perieres e Gorgófone, coa que tamén tivo a Icario, Leucipo e Afareo Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 9.5; III, 10.3..
Á morte de Ébalo, Tindáreo ocupou o trono, pero Hipocoonte rebelouse e fíxose co poder de Esparta, expulsando de Lacedemonia ós seus irmáns Icario e Tindáreo, e estes tiveron que fuxir a Calidón, para poñerse baixo a protección do rei de Etolia Testio. Alí, Tindáreo rematou casando coa filla do rei, Leda.Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 10.5.
O matrimonio e a descendencia de Tindáreo e Leda estaba maldito por Afrodita. Resulta que Tindáreo esquecera inadvertidamente a Afrodita ó facer un sacrificio ós deuses e esta, ofendida, xurou que as súas fillas Clitemnestra, Timandra e Helena (de Troia), serían coñecidas polas súas soadas relacións adúlteras Graves, px. 683..
Co tempo, Heracles atacou Lacedemonia (posteriormente denominada Laconia) e matou a Hipocoonte e ós seus doce fillos, restablecendo a Tindáreo no trono de Esparta Graves, px. 595.Apolodoro conta que Heracles reaccionou así ante a belicosidade e violencia de Hipocoonte e os seus fillos, que mataran ó fillo de Licimio (ou Licimnio), Eono (Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica, II, 7.3)..
Descendencia Leda foi seducida por Zeus en forma de cisne Ela transformouse en cisne ou ganso para escapar de Zeus. Esta é a versión máis estendida da lenda, pero outra versión conta que Leda acolleu á ninfa Némese, que foi a que foi perseguida e violada por Zeus, e logo puxo os ovos; Leda levounos e agochounos na súa casa e de aí naceu Helena (Graves, px. 228)., mais a mesma noite na que xaceu co deus tamén o fixo co seu esposo Tindáreo.
miniatura|Constelación de Xémini
Desta dobre unión, Leda puxo dous ovos Lémbrese que foi fecundada por Zeus en forma de cisne., dun dos cales naceron Cástor e Clitemnestra, que eran fillos de Tindáreo, e do outro, Helena (a famosa Helena de Troia) e Pólux, que eran fillos de Zeus. Outros fillos de Tindáreo e Leda foron Timandra e Filónoe.
Co gallo da morte de Atreo, pai de Agamenón e Menelao, a mans do seu sobriño Existo, a nutriz dos cativos enviounos baixo a protección do rei de Sición, pero este reenviounos a Calidón, á corte do rei Eneo. Tindáreo recolleunos e levounos ó seu palacio, e alí coñeceron ás fillas deste, Clitemnestra e Helena, coas que terminarían casando: Agamenón con Clitemnestra e Menelao con Helena.
Pero antes, Teseo e o seu amigo Pirítoo raptaron á fermosa Helena Que nesa altura tería 12 anos ou menos (Graves, px. 397). e levárona a unha aldea de Ática, pero foi liberada polos seus irmáns Segundo Hixino, estes raptaron á súa vez a Etra, nai de Teseo, e a Fisadia (ou Tisiadia), e entregáronnas como escravas a Helena (Hixino: Fábulas 79 e 92). e devolta a Esparta. Todo isto fixo comprender a Tindáreo que era o momento de casar a Helena. O problema é que foron moitos os pretendentes que solicitaban a súa man e Tindáreo temía que os que non resultaran elixidos se rebelaran contra el e contra o afortunado na elección. thumb|Odiseo aconsella a Tindáreo sobre como proceder respecto ós pretendentes de Helena (gravado de 1905) Para previr conflitos, Tindáreo recorre ós consellos de Odiseo, un dos pretendentes, que lle di que faga xurar a todos respectar a elección e matrimonio de Helena, e axudar á parella en caso de necesidade ou ultraxe A cambio, Odiseo esixe e consegue a man de Penélope, filla de Icario (lémbrese, irmán de Tindáreo) e a náiade Peribea, ante os que intercede Tindáreo para que accedan a casar a filla con Odiseo.. O candidato elixido será Menelao, que fará cumprir o xuramento cando Paris rapte a Helena e dea comezo a Guerra de Troia.
Vellez Tras morrer Cástor e Pólux e ser divinizados Cástor e Pólux raptaron ás fillas de Leucipo, Hilaira e Febe, polo que os sobriños de Leucipo, Idas e Linceo, mataron a Cástor. Pólux, como fillo de Zeus, era inmortal, pero non así Cástor, fillo de Tindáreo. Por iso Pólux pediu a Zeus que concedera a inmortalidade a Cástor e ámbolos dous foron elevados ós ceos, convertidos na constelación de Xémini., Tindáreo abdicou na persoa de Menelao e, cando morreu Menelao, os espartanos quixeron facer rei a Orestes, como neto que era de Tindáreo, pero el non aceptou Graves, px. 481..
Pero outra lenda conta que Tindáreo, cando soubo da morte de Clitemnestra e Existo a mans de Orestes (fillo dela), regresou a Esparta e denunciouno por matricidio, a el e á súa irmá Electra por cómplice, aínda que os micénicos non os condenaron senón que, en apoio ós actos de Orestes, non permitiron que os cadáveres de aqueles foran enterrados na cidade.
Tindáreo tardou en morrer. Menelao prometeu a Hermíone con Neoptólemo, fillo de Aquiles, pero Tindáreo casouna con Orestes. Rematada a guerra e xa de regreso a Esparta, Neoptólemo esixiu a man de Hermíone, alegando entre outras razóns que Orestes estaba tolo e maldito dos deuses, e así lle foi recoñecido, casando el con Hermíone Graves, px. 769..
Existe unha lenda pola que Tindáreo foi resucitado por Asclepio Graves, px. 195.. E parece que non foi o único resucitado por este deus da medicina, xa que se conta que Hades, deus do inframundo, chegou a queixarse ante Zeus porque lle estaba roubando os seus súbditos. Asclepio foi xulgado por deixarse subornar e Zeus matouno cos seus raios.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Graves, Robert: Los mitos griegos. Ed. Gredos, 2019. Grimal, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1ª ed. 1981, 7ª impresión 2017. Hixino: Fábulas mitológicas. Alianza editorial, 2009. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica. Alianza editorial 3ª ed. 2016.
Categoría:Homes na mitoloxía grega