Euzko Gaztedi Indarra-EGI (en éuscaro "Forza Xuventude Vasca") é o órgano xuvenil do Partido Nacionalista Vasco (PNV). Segundo os seus estatutos defínese como unha organización vasca, democrática, plural, participativa, independentista e humanista. Declárase de vocación europeísta e humanista. O seu ámbito de actuación é o da xuventude e, seguindo a ideoloxía do seu partido matriz, ten como obxectivo a soberanía do País Vasco desexando lograr un marco de respecto á identidade dos pobos e ós dereitos humanos.
Historia Fundouse o 14 de febreiro de 1904, tres meses despois da morte de Sabino Arana, fundador do PNV, recollendo as súas ideas sobre nacionalismo e liberdade. Nun principio contou cuns 400 membros e destacou como asociación xuvenil nacionalista ata a guerra civil española.
Despois da guerra refundouse en Venezuela onde quedou integrada na estrutura política do partido no exterior. A partir de 1960 intégrase na resistencia contra a ditadura de Franco. Destas accións de resistencia xurdiría unha fugaz relación con Ekin.
En 1952 organízase un grupo de estudo universitario co nome Ekin (emprender en vasco) en Bilbao. A partir de 1953 o grupo toma contacto coa organización xuvenil do PNV, Euzko Gaztedi Indarra (EGI). É en 1956 cando ambas asociacións fúndense. En 1958 comezan a albiscar tensións no interior da asociación que levan á escisión de ambos grupos. EKIN se converte en ETA o 31 de xullo de 1959.
EGI seguiu a realizar accións reivindicativas nacionalistas como a posta dunha ikurriña na punta dunha das torres da catedral de Burgos o día da Hispanidade e a participación en accións conxuntas con outras asociacións nacionalistas xuvenís europeas.
Despois da morte do ditador en 1975 aproveitou a apertura democrática para medrar, xunto ó partido matriz. Na actualidade realiza as funcións que o partido lle ecomenda de carácter revindicativo e de extensión das ideas nacionalistas vascas pola xuventude do País Vasco así como a difusión da cultura vasca.
Antigos membros
Iñaki Anasagasti Asier Arambarri Rikardo Arregi Jose Luis Bilbao Leire Caridad Leire Corrales Joseba Egibar Elías Gallastegi Iñaki Gerenabarrena Jon Idigoras Josu Jon Imaz Iñigo Urkullu
Relacións internacionais EGI mantén relacións e contactos con varias organizacións e partidos doutros pobos de España e doutros países. Entre estas oranizacións están: Xuventudes do Partido Democráta Europeo (EDPY-JPDE), Europa, das que EGI é cofundadora. JNC Joventut Nacionalista de Catalunya, Cataluña. UdJ Unió de Joves, Cataluña. Mocidade Nacionalista Galega, Galicia.
Actos anuais Entre os diferentes actos que a organización organiza (charlas, saídas e excursións, xornadas dedicadas a direfentes temas...), ademais da participación en todos aqueles que o PNV realiza, destacan o EGI eguna (día de EGI) que consiste nunha acampada a fin de semana anterior ó Aberri Eguna, a acampada do Alderdi eguna (día do partido) e o EGIko Plaza (praza de EGI), unha xornada onde se mestura o deporte, a política e a festa (este unicamente realízase en Biscaia).
Feitos recentes En novembro de 2005, e xunto con outras organizacións xuvenís nacionalistas, acordaron crear un Consello da Xuventude. Udalbiltza e Batasuna felicitaron o paso dado polos xoves e desexaron que poidan dar froitos no futuro.
O 1 de abril de 2006, EGI participou na manifestación de Bilbao convocada por partidos e sindicatos abertzales e á que o PNV non se sumou ó entender que «detrás dela escóndese o obxectivo de conformar un polo independentista que sexa alternativa política e social» á formación jeltzale. A executiva do PNV reiterou que a súa posición oficial é non asistir á mesma. Un acordo que se adoptou por unanimidade de tódolos seus membros.
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial de Euzko Gaztedi-EGI Web da acampada do Alderdi Eguna Web de EGI en Biscaia Web de EGI del Goierri Web de EGI en Iparralde
Categoría:Nacionalismo vasco Categoría:Mocidades políticas de España