Manuel Lama Maroto, coñecido como Manu Lama, nado en Madrid o 12 de febreiro de 2001, é un futbolista español que xoga como defensa do Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.

É fillo do famoso locutor deportivo Manolo Lama.

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol no colexio Mirabal de Boadilla del Monte. Con 10 anos realizou unha proba co Atlético de Madrid e posteriormente ingresou na escola de fútbol do club. En idade xuvenil entrou na canteira do Atlético, disputando a División de Honra Xuvenil e a Liga Xuvenil da UEFA. Para a tempada 2020/21 foi cedido ao CF La Nucía, da Segunda División B, onde disputou 14 partidos, 10 deles como titular. Na derradeira xornada como local no estadio Camilo Cano ante o Badalona lesionouse gravemente, ao sufrir unha fractura de peroné e dos ligamentos do nocello.

De regreso no Atlético e despois de oito meses de baixa, reapareceu co filial na Terceira División RFEF en decembro de 2021. Disputou 20 partidos co equipo ata o final da tempada, contribuíndo ao ascenso a Segunda RFEF, e foi convocado un par de veces por Simeone para o primeiro equipo, aínda que non chegou a debutar. Na seguinte campaña sufriu unha nova lesión, desta vez muscular, que o volveu afastar dos terreos de xogo durante meses.

En xaneiro de 2023, durante o mercado invernal, fichou polo Fuenlabrada, da Primeira División RFEF. Chegou ao equipo aínda lesionado e non puido debutar ata abril, cando se estreou nunha derrota por 3-0 contra o Badajoz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CF La Nucía Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada