Alejandro Sotillos Miarnau, nado en Madrid o 28 de xaneiro de 1998 é un futbolista español que xoga de defensa no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse como futbolista durante once anos na canteira do Real Madrid, á que chegou en 2006, con oito anos, procedente do Atlético Pinto. Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club branco ata chegar ao equipo xuvenil, co que ás ordes de Guti se proclamou campión da Copa de Campións e da Copa do Rei Xuvenil.
Rematada a súa etapa de xuvenil, saíu cedido á UD Logroñés e ao Fuenlabrada, ambos da Segunda División B, Co segundo deles conseguiu o ascenso á Segunda División, sendo unha peza fundamental do conxunto dirixido por Mere, pero na penúltima xornada de liga sufriu unha grave lesión, rompendo o ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.
A continuación regresou ao Real Madrid Castilla, pero en decembro de 2019, volveu de novo ao Fuenlabrada. Recuperado da lesión, debutou na categoría de prata o 2 de febreiro de 2020, sendo titular nunha derrota na casa por 0-1 ante o Girona.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web do Real Madrid .
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada