Acontecementos
Europa
9 de setembro - Roberto II convértese en duque da Normandía, sucedendo a Guillerme o Conquistador. Guillerme II convértese en rei de Inglaterra, sucedendo a Guillerme o Conquistador. 9 de maio - Os restos de San Nicolao chegan a Bari (Italia). Primeira vida de Raimundo de Borgoña á Península Ibérica para os esponsorios con Urraca de León, filla de Afonso VI de León. Primeira cita documentar da cidade galega de Ferrol. Londres sofre un incendio que destrúe o centro da cidade e a catedral de San Paulo. Liderada polo conde Rodrigo Ovéquiz e o bispo de Compostela Diego Páez a nobreza galega inicia unha revolta contra Afonso VI.
Asia
Remata o reinado formal do Emperador Shirakawa, mais non do seu goberno enclaustrado. O Emperador Horikawa ascende ao trono xaponés.
Nacementos
Mortes
9 de setembro - Guillerme I de Inglaterra. 16 de setembro - Papa Vítor III. 12 de novembro - Guillerme I de Borgoña, conde de Borgoña e Mâcon desde 1057 até 1087. (n.1020) Santo Arnolfo, arcebispo.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1087