A orquídea piramidal, Anacamptis pyramidalis,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións (L.) Rich. (1817) é unha especie de orquídea do xénero Anacamptis, que están estreitamente relacionadas co xénero Orchis. Distribúense por Europa Central e do Sur. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.
Hábitat e distribución Esta orquídea require un lugar asollado e crece sobre diversos tipos de chan: limos ou arxilas e máis raramente en chans arenosos. Tamén pode crecer en terreos moi alcalinos. Atópase en piñeirais, matogueiras e prados de Europa central e do sur.
Descrición É unha planta perenne e resistente que crece até uns 30 cm de altura, tendo en conta a inflorescencia. As follas son oblongas duns 5 cm e crecen desde os tubérculos subterráneos que son redondos e cun tamaño máximo de 6 cm. A cor da flor varía desde o rosa ao lila, e raramente ao branco. O seu cheiro é forte e rancio. A forma compacta e piramidal da inflorescencia é moi característica desta especie e dá lugar ao seu nome común. As flores son polinizadas por bolboretas e avelaíñas. miniatura|Anacamptis pyramidalis var. alba, Mallorca. miniatura|Ilustración.
Usos medicinais A fariña dos seus tubérculos chámase salep é moi nutritiva e demulcente. Úsase en dietas especiais de convalecentes e nenos. É moi rica en mucílago e forma unha demulcente e suave xelatina que se usa para a canle gastrointestinal irritada. Unha parte de fariña con cincuenta partes de auga son suficientes para formar a xelatina. O tubérculo para preparar a fariña debe ser colleitado cando a planta está recentemente seca despois da floración e cando soltou as sementes.
Taxonomía Anacamptis pyramidalis foi descrita por (L.) Rich. e publicada en Mémoires du Muséum d'Histoire Naturelle 4: 55. 1818.Anacamptis pyramidalis en Trópicos
Etimoloxía
Anacamptis: nome xenérico que deriva da palabra grega ανακάμτειν 'anakamptein', que significa 'dobrado cara a adiante'.
pyramidalis: epíteto latino que se refire á forma piramidal da súa inflorescencia.En Nombres botánicos
sinonimia Ceres pyramidalis Rchb. 1833 Anacamptis condensata C.Koch 1849 Anacamptis durandi Bréb. 1936 Orchis bicornis Gilib. 1792 Orchis pyramidalis L. 1753 Orchis rivinii Gouan 1775 Anacamptis pyramidalis f. condensata (Desf.) Maire & Weiller in R.C.J.Maire 1959 Anacamptis pyramidalis f. sanguinea (Druce) P.D.Sell 1997 Anacamptis pyramidalis subsp. condensata (Desf.) H.Lindb. 1932 Anacamptis pyramidalis var. brachystachys (d'Urv.) Boiss. Anacamptis pyramidalis var. sanguinea (Druce) Kreutz 2003 Orchis appendiculata Stokes 1812 Orchis brachystachys d'Urv. 1822 Orchis condensata Desf. 1799 Orchis duquesnii Nyman 1855 Orchis pyramidalis var. sanguinea Druce 1929
Notas
Véxase tamén Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald and Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991. Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993. White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996. Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press. Bechtel, Cribb and Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por The MIT Press. Williams, N. H. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110, 1972.
Ligazóns externas
Foto Anacamptis urvilleana Foto Anacamptis pyramidalis var. tanayensis
Categoría:Plantas descritas en 1818 Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Orquídeas de Galicia