Sanomedio é un lugar da parroquia de Tomiño, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 89 habitantes (44 homes e 45 mulleres).
Toponimia
O topónimo Sanomedio é un haxiónimo derivado de Santo Amedio, referido a Mamede de Capadocia, e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación. O actual templo construíuse en 1911 e restaurouse en 1981, se ben anteriormente houbera outra capela no mesmo lugar.
Lugares e parroquias Lugares de Tomiño
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño
Categoría:Lugares de Tomiño