O Premio Iberoamericano de Ficción Manuel Rojas é un galardón anual que o Ministerio de Culturas, Artes e Patrimonio de Chile concede en homenaxe ao autor de Hijo de ladrón, Manuel Rojas.
Constituíuse en 2012 co patrocinio da Fundación Manuel Rojas e foi premiado por primeira vez ese mesmo ano, no centenario da travesía a pé do escritor desde Arxentina; "Momento no que comeza a súa ampla traxectoria literaria", como apuntou na ocasión Jorge Guerra, presidente da fundación.Javier García. «Fonseca, el policial más duro de Brasil, recibe el premio Manuel Rojas»; La Tercera, 28 de setembro de 2012; consultado o 18 de dicembro de 2015. A selección do gañador corre a cargo dun xurado internacional formado por cinco personalidades (dous xurados chilenos e tres estranxeiros).
O premio consiste en 60 mil dólares estadounidenses, unha medalla e un diploma e é semellante ao Premio Iberoamericano de Poesía Pablo Neruda.
Galardoados Ano escritor País 2012 Rubem Fonseca Brasil 2013 Ricardo Piglia Roberto Contreras. «Entrevista a Ricardo Piglia, ganador del Premio Iberoamericano Manuel Rojas. “La ética de Rojas fue convertir la injusticia en motivo de ira y rebelión”» , Carcaj, novembro de 2013, artigo arquivado en Letras.s5; consultado o 18 de decembro de 2015. Arxentina 2014 Horacio Castellanos Moya 2015 Margo Glantz María Paz Núñez. «Margo Glantz gana Premio Iberoamericano de Narrativa Manuel Rojas» , La Tercera, 18 de agosto de 2015; consultado o 18 de decembro de 2015. México 2016 César Aira Arxentina 2017 Hebe Uhart Hebe Uhart gana el VI Premio Iberoamericano de Narrativa ‘Manuel Rojas’. Arxentina 2018 Juan Villoro México 2019 María Moreno Arxentina 2020 Non concedido debido á pandemia 2021 Mempo Giardinelli Daniel Gigena. «El escritor Mempo Giardinelli ganó el Premio Iberoamericano de Narrativa Manuel Rojas», La Nación, 22.10.2021; acceso 23.10.2021 Arxentina 2023 Alejandro Zambra Chile
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Fundación Manuel Rojas . Premios Literarios do Ministerio de Culturas de Chile .
Categoría:Premios literarios