Para a coalición formada en 1979, vexa Unidade Galega (coalición)
Unidade Galega foi un partido político galego nacionalista de esquerdas formado en 1991 herdeiro do PSG-EG e liderado por Camilo Nogueira.
Historia UG foi fundada en 1991 coma unha refundación do PSG-EG, despois dos modestos resultados deste partido nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 e nas municipais de 1991. O novo partido concurriu ás eleccións xerais de 1993, onde obtivo un resultado semellante ao do seu predecesor. Nas eleccións autonómicas de 1993 foi en coalición con Esquerda Unida que resultou nun fracaso ao non obter representación parlamentaria. A consecuencia destes fracasos, no ano 1994 integrouse no BNG. No seu V Congreso Nacional que se celebrou o 20 de setembro de 2003 decidiu autodisolverse como partido político e constituírse en corrente de opinión dentro do BNG.
Resultados electorais ElecciónVotos%DeputadosEleccións xerais de España de 199374.6054,67%0Eleccións ao Parlamento de Galicia de 199344.9023,07%0
Notas
Véxase tamén Bibliografía
«Candidaturas presentadas para las Elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 534/1993, de 12 de abril». Boletín Oficial del Estado n.º 107, 5/5/1993. Fascículo Segundo
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia