Cándido Cabanelas Barros, nado en 1930 e finado o día de Santos de 2023, foi un mestre e político galego que foi alcalde de Boborás durante 20 anos.

Traxectoria Mestre e fillo de mestre, destinárono á escola de Cenlle primeiro, e logo de Brués, onde deu clase varias décadas. Alí comezou a facerse un sitio na sociedade local, converténdose primeiro en director da oficina da Caixa Rural e logo en director da Cámara Agraria de Beariz. Foi correspondente de La Región en Boborás.

En 1971 foi designado polo gobernador civil Guillermo Fernández Júlbez como alcalde de Boborás; tomou posesión o 31 de decembro.La Región, 4-1-1972, p, 3. Ao chegar a democracia uniuse ao partido centrista UCD, e conseguiu a alcaldía nas primeiras eleccións municipais, desta vez pola forza dos votos. A alcaldía foina revalidando, se ben mudou de formación política: trala desfeita da UCD integrou Coalición Galega (eleccións de 1983) e despois a súa continuación a Coalición Progresista Galega (eleccións de 1987). Foi xulgado en 1990 con Laureano Caride Romero e Manuel Cendón Caíña acusados de falsificación de documento público, para facilitar a afiliación ao réxime xeral agrario da Seguridade Social de vecinos de Beariz."Dos ex-alcaldes de Beariz y el de Boborás ocupan hoy el banquillo de los acusados", La Voz de Galicia, Ourense, 22-5-1990, p. 28. En 1991 decidiu non presentarse á reelección e abandonou a alcaldía.

Vida persoal Na mocidade foi xogador do Spórting Carballiño e da Unión Deportiva Ourensá.

Casou e tivo cinco fillos.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Alcaldes de Boborás

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes