Casabranca é un barrio urbano da cidade de Vigo, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca homónima.

Historia miniatura|Igrexa parroquial de María, Nai do Bo Pastor Segundo a veciñanza, debe o seu nome a unha casa de cor branca, que estaba en fronte da estación na estrada de Villacastín, actual rúa de Urzaiz. Aínda que comezou a urbanizarse cara a 1920, non foi até a década de 1950 cando comezou a medrar urbanisticamente. En 1975 inaugurouse o centro comercial El Corte Inglés. Tamén destaca a presenza dos Capuchinos, cuxo convento foi derrubado en 1978 para construír un edificio novo. Dálle tamén nome ao arciprestado de Vigo-Casabranca.

Edificios e rúas Destacan a Cidade da Xustiza e o Centro Comercial El Corte Inglés. Moitas das rúas levan nomes de repertorio, concretamente nomes de países americanos: Brasil, Cuba, México, Paraguai, Venezuela, Ecuador, Nicaragua e Bolivia.

Asociacionismo Destacan a Coral Casablanca e o Club de Fútbol San Roque Casablanca.

Parroquias de Vigo

Categoría:Xeografía de Vigo Categoría:Wikipedia:Vigo sen coordenadas