O limodoro de esporón, Limodorum abortivum,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha planta da familia das orquidáceas. miniatura|360x360px|Ilustración.

Descrición Planta micoheterótrofa, violeta de talo robusto de 40-80 cm, con numerosas escamas abaixo, que saen dun rizoma densamente cuberto de raíces grosas. Espiga floral de até 30 cm de longo, con moitas flores violeta moi rechamantes. Segmentos periánticos até 2 cm estendidos; lábelo triangular de marxe ondulada, amarelo ou violeta; esporón delgado, cilíndrico, de até 1,5 cm. Florece na primavera e verán.

Hábitat Bosques nas montañas, maleza, pradarías umbrosas.

Distribución En centro e sur de Europa.

Taxonomía Limodorum abortivum foi descrita por (Linneo) Sw. e publicada en Nova Acta Regiae Societatis Scientiarum Upsaliensis 6: 80. 1799.

Citoloxía

O número cromosómico somático é de: 2 n = 56.

Etimoloxía

Limodorum: nome xenérico que provén do nome grego haimodoron, dado por Teofrasto a unha planta parásita de flores vermellas, probablemente unha de Orobanche.

abortivum: epíteto latino que significa "abortivo, incompleto".En orchidstudium

Sinonimia

Centrosis abortiva Sw. 1814 Epipactis abortiva All. 1785 Ionorchis abortiva (L.) Beck 1890 Jonorchis abortiva Beck 1890 Limodorum generale E.H.L.Krause 1905 Limodorum sphaerochilos Spreng. 1827 Limodorum sphaerolabium Viv. 1825 Neottia abortiva Clairv. 1811 Orchis abortiva L. 1753 Serapias abortiva Scop. 1772Sinónimos en Orchidspecies

Notas

Categoría:Flora de Europa Categoría:Orquídeas de Galicia