A carapucha pinta, Neotinea maculata,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións (Desfontaines) Stearn 1975 é unha especie de orquídea do xénero Neotinea da subfamilia Orchidoideae da familia Orchidaceae que están moi próximas ao xénero Orchis. Distribúense por Europa e Asia Menor. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.

Descrición miniatura|200x200px|Neotinea maculata var. alba. As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, crecen desde os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son redondos As inflorescencias que son erectas en espiga, saen da roseta basal de follas estando cuberto o talo en 1/3 por unha bráctea cor verde clara. Presenta unha densa floración con flores pequenas. O tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos e forman unha especie de casco militar (de aí o nome), que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor branca rosada coas nerviacións a cor rosa máis pronunciada. O labelo sobresae debaixo do casco 1/3 partes, e é de cor branca presentando na zona central manchas de cor rosa. O labelo presenta no apéndice unha terminación en liña recta. Tamén presenta dous lóbulos, un a cada lado na parte inferior que están lixeiramente arqueados cara a fóra e cara abaixo. Ten dous pétalos máis, moi reducidos. Florecendo desde abril até xuño. A cor pode variar desde branco a diferentes tons de rosa.

Hábitat Desenvólvese en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra. Atópase en Gran Bretaña, Europa Occidental, Grecia, e Asia menor.

Usos medicinais miniatura|200x200px|Neotinea maculata var. alba. A fariña dos seus tubérculos chamada salep é moi nutritiva e demulcente. Úsase en dietas especiais de convalecentes e nenos. É moi rica en mucílago e forma unha demulcente e suave xelatina que se usa para a canle gastrointestinal irritada. Unha parte de fariña con cincuenta partes de auga son suficientes para formar a xelatina. O tubérculo para preparar a fariña debe ser colleitado cando a planta está recentemente seca despois da floración e cando soltou as sementes.

Taxonomía Neotinea maculata foi descrita por William Thomas Stearn e publicada en Annales Musei Goulandris 2: 79. 1975.

Etimoloxía

As orquídeas obteñen o seu nome do grego "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 A.C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da botánica e da ecoloxía.

Neotinea: nomeada por Vincenzo Tineo un profesor italiano de botánica.

maculata: epíteto que significa "manchada", aludindo á presenza de manchas nas follas.

Sinonimia

Aceras densiflorum (Brot.) Boiss. Aceras intactum (Link) Rchb.f. Aceras maculatum (Desf.) Gren. Aceras secundiflorum (Bertol.) Lindl. Aceras vayredae K.Richt. Coeloglossum densiflorum Hartm. ex Willk. & Lange Habenaria intacta (Link) Lindl. ex Benth. Himantoglossum parviflorum Spreng. Himantoglossum secundiflorum (Bertol.) Rchb. Neotinea intacta (Link) Rchb.f. Ophrys densiflora (Brot.) Desf. Ophrys secundiflora Steud. Orchis atlantica Willd. Orchis ecalcarata Costa & Vayr Orchis imbecilla Sol. ex Britten Orchis intacta Link Orchis maculata (Desf.) Batt. & Trab. Orchis parviflora (Sw.) Steud. Orchis sagittata Munby Orchis secundiflora Bertol. Orchis ustulata var. ecalcarata (Costa & Vayr) Nyman Peristylus atlanticus (Willd.) Lindl. Peristylus densiflorus (Brot.) Lindl. Peristylus maculatus Lindl. ex Rchb.f. Satyrium atlanticum (Willd.) Lindl. Satyrium densiflorum Brot. Satyrium maculatum Desf. Satyrium parviflorum Pers. Tinea cylindrica Biv. Tinea intacta (Link) Boiss. Tinea maculata (Desf.) Vis.

Subespecies de Neotinea

Neotinea maculata ( Desf.) Stearn 1975 Neotinea maculata var. stricta J. Landwehr 1977

Notas

Véxase tamén Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991. Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993. White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996. Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press. Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por MIT Press.

Ligazóns externas Neotinea maculata en Granada, Spain

Categoría:Plantas medicinais Categoría:Orquídeas de Galicia