Philip Llewellyn Mossman, nado en Worcester, Massachusetts o 10 de outubro de 1933, é un médico e numismático estadounidense.

Traxectoria

Médico Philip Mossman graduouse en Medicina no Dartmouth College, de Hanover, Nova Hampshire, en 1955, e logo acadou o mestrado na Facultade de Medicina da Universidade Harvard, en 1958.Smith, P. (2012).

Como médico, foi director de rehabilitación do Eastern Maine Medical Center, en Maine.

Numismático Mossman é coleccionista de moedas coloniais estadounidenses e publicou varios traballos sobre este tema.

Tamén foi editor da publicación periódica The Colonial Newsletter, a partir de 1997.

Mossman é membro da American Numismatic Society,"ANS Fellows 2022 ". American Numismatic Society (Numismatics.org). entidade que en 2006 o recoñeceu coa Medalla Huntington correspondente a 2005."The Huntington Medal Award ". American Numismatic Society."2006 Huntington Award to Philip Mossman, "Counterfeit & Altered Bills of Credit from 1690" ". American Numismatic Society (Numismatics.org).

Vida persoal Mossman casou o 15 de xuño de 1963 con Mary Ranlett, con quen tivo tres fillos.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis significativos publicados por Philip Mossman ao longo da súa traxectoria:

(1993): Money of the American Colonies and Confederation . American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897222495 Recensión do libro, en Revue Numismatique, por T. V. Buttrey. (1996). Coinage of the American Confederation Period. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897222631 (2013). From Crime to Punishment. Counterfeit and Debased Currencies in Colonial and Pre-Federal America. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897223270 Recensión do libro, en Coin Week, por C. Morgan e H. Walker.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Mossman, Philip Llewellyn". En American Numismatic Biographies. Páxina 306.

Ligazóns externas Vídeo: "Philip Mossman: Counterfeit & Altered Bills of Credit from 1690". Anarican Numismatic Society. 2006

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados no condado de Worcester, Massachusetts Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:American Numismatic Society Categoría:Alumnos do Dartmouth College Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes