Nieves de Hoyos Sancho, nada en Campoo de Enmedio en 1908 e finada en Madrid o 29 de xuño de 2001, foi unha mestra, etnógrafa, folklorista e escritora cántabra, directora e conservadora do Museo del Pueblo.ABC. Edición Madrid, 3 de xullo de 2001.

Traxectoria Filla do naturista, antropólogo e etnólogo Luís de Hoyos Sainz. Alumna do Instituto-Escola, incorporouse ás investigacións sobre etnografía española iniciada polo seu pai. A colaboración intensificouse cando, ademais de discípula e colaboradora, Nieves se converteu en del por mor do agravamento da cegueira progresiva que padeceu.

En 1944 publicou co seu pai o Manual Folklore.

Logo do falecemento do seu pai en 1951 Nieves seguiu traballando cos arquivos e material que el recompilara. En 1954 publicou o Refranero agrícola español e mais El traje regional, na que achegou o criterio para clasificar en cinco as zonas en que podían agruparse os traxes rexionais. dereita|miniatura|Museo do Traxe e parte do Museo de Antropoloxía. No primeiro consérvase o arquivo persoal de Luis de Hoyos e de Nieves de Hoyos. Entre 1963 e 1971 dirixiu o Museo del Pueblo A súa obra componse de máis dun centenar de traballos e monografías publicados en xornais, semanarios e revistas especializadas e segue sendo referente nas investigacións. O arquivo persoal e a biblioteca de Luis e de Nieves de Hoyos forma parte do fondo bibliográfico do Museo do Traxe, na sección especial. Son 2000 títulos, destacando polo seu volume as de ámbito hispanoamericano.

Notas

Categoría:Nados en 1908

Categoría:Nados en Cantabria Categoría:Finados en 2001 Categoría:Etnógrafos e folcloristas Categoría:Escritores de Cantabria