2007 (MMVII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano, e foi designado: O Ano do porco, segundo o horóscopo chinés. O Ano Iternacional da Heliofísica. O Ano Polar Internacional. O Centenario do Movemento Scout, tamén coñecido como escultismo.
Acontecementos Xaneiro 1 de xaneiro Comeza a Presidencia alemá do Consello da Unión Europea 2007. O gaélico convértese en lingua oficial de traballo da Unión Europea. Eslovenia adopta o Euro como a súa moeda oficial, deixando de usar o Tolar. Ampliación da Unión Europea coa incorporación de Bulgaria e Romanía. O Acordo de Schengen entra en vixencia nos países da ampliación da Unión Europea do 1 de maio de 2004. Comezan a súa xestión alcaldes, presidentes rexionais e representantes no parlamento andino escollidos nas eleccións municipais realizadas o 18 de novembro de 2006 no Perú. Toman posesión os cargos escollidos nas eleccións xerais do Brasil de 2006. 2 de xaneiro - Na rexión de Tarapacá, ó norte de Chile, independizaranse as provincias de Arica e Parinacota, creando así a rexión de Arica-Paricanota, da cal será capital a cidade de Arica. 10 de xaneiro - Toma de posesión do novo presidente de Nicaragua, o candidato da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), Daniel Ortega. 15 de xaneiro - Toma de posesión do novo presidente Ecuatoriano, Rafael Correa.
Febreiro 2 de febreiro: Toma de posesión do presidente reelecto de Venezuela Hugo Chávez.
Marzo 1 de marzo: dá comezo a campaña pola Puntualidade e o Respecto no Perú, promulgada polo presidente da República Alan García. 7 de marzo: eleccións lexislativas en Irlanda do Norte, un dos últimos pasos marcados no Acordo de Venres Santo para garantir a autonomía da zona. 11 de marzo: atentado suicida nun cibercafé de Casablanca, Marrocos. 12 de marzo: como parte dos festexos polo 258º aniversario da fundación de Reynosa, Tamaulipas, celébrase un encontro amigábel de baloncesto, nunha ponte transfronteiriza, entre un equipo mexicano e outro estadounidense. 16 de marzo: promúlgase a lei que crea en Chile a XIV Rexión dos Ríos. A presidenta Michelle Bachelet asina o decreto, na cidade de Valdivia (capital da nova rexión), para formar a primeira das dúas novas rexións político-administrativas, que serán efectivas en seis meses. 23 de marzo: promúlgase a lei que crea en Chile a XV Rexión de Arica-Parinacota. A presidenta Michelle Bachelet asina o decreto, na cidade de Arica (capital da nova rexión), para formar a segunda das dúas novas rexións político-administrativas, que se farán efectivas en seis meses. 23 de marzo: lanzamento da PlayStation 3 en Europa, Asia e Australia. 23 de marzo: forzas navais da Garda Revolucionaria de Irán capturan a persoal da Mariña Real Británica. 27 de marzo: Michelle Bachelet, presidenta de Chile, fai un profundo cambio dentro dos seus ministerios tras unha crise política.
Abril 3 de abril: comeza en Valencia a 32ª edición da Copa América de vela. 22 de abril: primeira volta das eleccións presidenciais en Francia. 23 de abril: lanzamento do observatorio espacial italiano AGILE. 25 de abril: accidente ferroviario en Valga. Nun paso a nivel un tren rexional chocou cun turismo. Faleceron os tres ocupantes"Tres personas mueren arrolladas por un tren cuando cruzaban con su coche un paso a nivel en Pontevedra", ABC, 26 de abril de 2007, p. 28. .
Maio 2 de maio: O Tribunal Supremo Electoral de Guatemala convocará as eleccións xerais. 6 de maio: Segunda volta das eleccións presidenciais en Francia. 10 - 12 de maio: En Helsinqui (Finlandia) celébrase o LII Festival de Eurovisión. 12 de maio: Fundación do partido republicano socialista irlandés éirígí. 27 de maio: En España convócanse eleccións municipais.
Xuño 26 de xuño: Inauguración da Copa América de Fútbol Venezuela 2007.
Xullo 6 de xullo - Cúmprese o primeiro centenario do nacemento de Frida Kahlo, pintora mexicana recoñecida mundialmente. 7 de xullo - Daranse a coñecer as novas Sete marabillas do mundo. Terán lugar a mediados de xullo de 2007 cinco competencias intelectuais internacionais: O oitavo National Geographic World Championship (Campionato Mundial de Xeografía), en San Diego (Estados Unidos). A 38va Olimpiada internacional de Física, do 13 ao 22 de xullo en Isfahán (Irán). A 18va Olimpiada Internacional de Bioloxía, do 15 ao 22 de xullo en Saskatoon (Canadá). A 39na Olimpiada Internacional de Química, do 15 ao 24 de xullo en Moscova (Rusia). A 48va Olimpiada Internacional de Matemática, do 19 ao 31 de xullo en Hanoi (Vietnam). Os membros do Comité Olímpico Internacional votarán para escoller a cidade anfitrioa dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 durante a reunión a celebrar en Guatemala. O Airbus A300 deixará de producirse despois de 35 anos.
Agosto 1 de agosto: Centenario do Movemento Scout. 15 ao 22 de agosto: 19na Olimpíada Internacional de Informática en Zagreb, Croacia.
Setembro 9 de setembro: En Guatemala teñen lugar as eleccións xerais de onde sairá o Presidente e Vice-Presidente, Alcaldes dos 332 concellos do país, Deputados ao Congreso da República e deputados ao PARLACEN. 20 de setembro: Inaugurouse en Monterrey, México o Forum Universal das Culturas.
Outubro 2 de outubro: Entra en vixencia en Chile a XIV Región de Los Ríos, con capital Valdivia. 4 de outubro: Colombia: Unha avioneta estrélase no barrio Fontibón de Bogotá tras engalar do aeroporto Eldorado morrendo sete persoas. 4 de outubro: no parque nacional de Tsolofelo (Botswana) é enterrado o cadáver repatriado do Negro de Bañolas, o cadáver embalsamado dun varón da etnia san (chamado pexorativamente «bosquimán»), que desde 1916 se exhibía como atracción turística no museo Darder de Bañolas (Cataluña). 7 de outubro: Efectúase en Costa Rica o primeiro referendo da súa historia, que resulta na ratificación da CAFTA. 8 de outubro: Colombia: Un avión estrélase na montaña no departamento do Meta morrendo dezaoito persoas (15 militares e 3 tripulantes). 9 de outubro: Entra en vixencia en Chile a XV Región de Arica-Parinacota, con capital Arica. 13 de outubro: Colombia: Falecen 22 persoas ao derrubarse unha mina nas aforas de Suárez (Cauca). 18 de outubro: Sae para a súa descarga Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon). 19 de outubro: O grupo de rock arxentino Soda Stereo inicia a súa xira latinoamericana "Me verás volver", que os leva aos escenarios logo de 10 anos de separación. 20 de outubro: O expresidente da Generalitat de Cataluña e exalcalde de Barcelona, Pasqual Maragall, anuncia que padece un principio da enfermidade de Alzheimer. 24 de outubro: Lanzamento da sonda lunar chinesa Chang'e 1. 28 de outubro: Inundación de Tabasco e Chiapas, causada polas fortes choivas no sueste mexicano. 28 de outubro: Eleccións presidenciais na Arxentina, vence Cristina Fernández de Kirchner na primeira volta.Resultados elecciones presidenciales en Argentina Toma posesión o día 10 de decembro de 2007. 28 de outubro: Eleccións locais e rexionais na República de Colombia. 28 de outubro: Beatificación na Praza de San Pedro do Vaticano de 498 mártires españois da guerra civil en España.
Novembro 4 de novembro: en Guatemala celébrase a segunda volta das eleccións a presidente e vicepresidente, quedando como vencedor o socialdemócrata Álvaro Colom. 5 de novembro: a sonda chinesa Chang'e 1 entra en órbita lunar. 7 de novembro: un estudante mata a nove persoas nun instituto finlandés tras anuncialo en Internet. 10 de novembro: sesión final do XVII Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno celebrada en Santiago de Chile, onde se escoita o famoso ¿Por qué no te callas?. 11 de novembro: asasinato de Carlos Palomino no metro de Madrid por un neonazi. 13 de novembro: o dereitista Anders Fogh Rasmussen asegúrase a súa terceira elección como primeiro ministro de Dinamarca, tras a súa vitoria nas eleccións anticipadas ao Parlamento. 14 de novembro: terremoto en Tocopilla (Chile) de grao 8,2 na Escala de Richter. 15 de novembro: Formado no golfo de Bengala, o ciclón Sidr, de Categoría 4, aproxímase aos distritos costeiros de Bangladesh, obrigando a decenas de miles de persoas fuxir da zona. (BBC) 18 de novembro: o Ciclón Sidr, con categoría 4 na escala de furacáns de Saffir-Simpson, causa, polo menos, 1.700 mortos no seu paso por Bangladesh. 20 de novembro: publícanse dous artigos nas revistas Science e Cell onde dous grupos independentes anuncian que lograron xerar células nai a partir de fibroblastos humanos. Este é considerado un dos avances máis importantes neste campo de estudo. (en inglés). 21 de novembro: o ex-presidente da República Francesa, Jacques Chirac, é imputado por un delito de desvío de fondos a membros do seu partido durante o seu mandato como Alcalde de París de 1977 a 1995. 23 de novembro: o MS Explorer choca cun iceberg, ninguén morre e os pasaxeiros son levados á Base Frei. 24 de novembro, cúmprense 50 anos da morte de Diego Rivera, pintor mexicano recoñecido internacionalmente, esposo de Frida Kahlo.
Decembro 1 de decembro: membros de ETA asasinan dous gardas civís na localidade francesa de Capbreton, a 30 quilómetros da fronteira vasco-francesa. 2 de decembro: a vixésimo primeira edición da Teletón en Chile cumpre a meta de recadar CLP 13 255 231 970, equivalentes a US$ 26 247 984. 2 de decembro: o proxecto de reforma constitucional de Venezuela, apoiado por Hugo Chávez, é rexeitado a través dun plebiscito polo 50,7% dos votos. 4 de decembro: ábrese o novo túnel Juan Carlos I. 5 de decembro: un mozo de 19 anos asasina cun fusil 8 persoas e suicídase nun centro comercial da cidade de Omaha, no estado de Nebraska, Estados Unidos. 6 de decembro: o naufraxio do petroleiro hongkonés Hebei Spirit verte ao mar máis de 10 000 toneladas de cru fronte á costa do parque natural Taean Haean de Corea do Sur. 8 de decembro: despois de 80 días de actividades conclúe en Monterrey, México, o Fórum Universal das Culturas. 9 de decembro: o Goberno de Venezuela adopta o fuso horario GMT -4:30. O cambio produciuse ás 3:00 am, hora local. 10 de decembro: Cristina Fernández de Kirchner asume a presidencia da Arxentina, sucedendo o seu marido Néstor Kirchner. É a primeira muller electa para tal cargo no país. 10 de decembro: Led Zeppelin dá un concerto no O2 Arena despois de 19 anos sen tocar xuntos. 11 de decembro: primeira liña regular de tren entre Corea do Sur e do Norte tras 56 anos. 11 de decembro: dúas bombas acaban con máis de 50 persoas nun dobre atentado en Alxer. 21 de decembro: centenario da matanza da Escola Santa María de Iquique. 22 de decembro: inaugúranse en España dúas liñas máis de trens de alta velocidade: Madrid-Segovia-Valladolid e Madrid-Málaga. 27 de decembro: Benazir Bhutto, ex-primeira ministra de Paquistán (1988-1990 e 1993-1996) e líder da oposición é asasinada nun ataque terrorista na cidade paquistaní de Rawalpindi. Un terrorista suicida disparoulle dúas veces, inmolándose posteriormente e causando a morte de, polo menos, 30 persoas.
Nacementos Abril 10 de abril - Ariane de Orange-Nassau, princesa neerlandesa. 29 de abril - Sofía de Borbón, princesa española.
Mortes Xaneiro 1 de xaneiro Darrent Williams, xogador estadounidense de fútbol americano dos Denver Broncos (n. 1982). Werner Hollweg, tenor alemán. 2 de xaneiro - Teddy Kollek, político israelí e alcalde de Xerusalén entre 1965 e 1993 (n. 1911).
3 de xaneiro - José Luis Taboada García, médico e político galego (n. 1918).
4 de xaneiro
Bernard D. Meltzer, xurista estadounidense, fiscal nos Xuízos de Nuremberg (n. 1914). Sandro Salvadore, xogador italiano de fútbol. Carles Fontseré, cartelista anarquista catalán (n. 1916). 5 de xaneiro - Momofuku Andō, creador da sopa instantánea Ramen (n. 1910). 6 de xaneiro Antonio Valdés, compositor mexicano. Frederic Etsou, cardeal congolés (n. 1930). Peter Kleinow, guitarrista estadounidense (n. 1934).