Na mitoloxía grega Alectrión foi un mozo ás ordes do deus Ares que foi transformado por este en galo.

A lenda conta que Ares, deus da guerra, aproveitaba as frecuentes ausencias de Hefesto, deus do lume, nas que deixaba soa á súa esposa, a deusa do amor Afrodita. Para evitar ser sorprendidos polo deus Helios, o sol, Ares poñía a Alectrión na porta da alcoba, como sentinela para que os avisara de que se achegaba o amencer.

Pero unha mañá, Alectrión quedou a durmir e a parella foi sorprendida na cama por Helios. Este avisou a Hefesto e este capturou ós dous amantes nunha rede que fixera el mesmo, tan forte que lles foi imposible saír dela. A seguir, Hefesto convocou ó resto dos deuses e mostroulles a parella núa, dentro da rede, entre as risas de todos. Só grazas ás boas palabras de Poseidón e Hermes, Hefesto consentiu en liberalos: Afrodita fuxiu avergoñada a Chipre e Ares a Tracia.

Ares anoxouse con Alectrión e transformouno en galo, e desde aquela o galo anuncia a chegada do sol á mañá: alectryon (ἀλεκτρυών), en grego antigo, significa galo.

Estas relacións entre Ares e Afrodita foron moi frutíferas pois tiveron cinco ou seis fillos: Eros, Anteros, Deimo, Fobo, Harmonía e -para algúns mitógrafos- Príapo.

Outros personaxes Na Ilíada, Homero cita outro personaxe con este mesmo nome, pero simplemente para indicar que tiña un fillo, Leito, a quen Heitor feriu no pulso, obrigándolle a retirarse Ilíada XVII, 602..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega