Stay é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Marc Forster e escrito por David Benioff. Está protagonizado por Ewan McGregor, Naomi Watts, Ryan Gosling e Bob Hoskins, cunha produción de Regency e distrubución de 20th Century Fox. O filme representa intensas relacións centradas na realidade, o amor, a morte, o suicidio e o Alén.
Sinopse Henry (Ryan Gosling) é un mozo atípico, que lle di ao seu psiquiatra, Sam Foster (Ewan McGregor), que se vai suicidar. O psiquiatra, desesperado, tenta impedir que o faga, atopándose cada vez máis atrapado na vida de Henry, e máis tarde no labirinto do seu subconsciente. Ao principio, simplemente tensa e altera a relación de Sam coa súa noiva Lila (Naomi Watts), unha pintora e antiga paciente, pero axiña a comprensión firmemente arraigada de Sam do mundo racional comeza a esvaecerse. Sometido a encontros cada vez máis surrealistas e a unha cidade que se transforma nunha paisaxe tremendamente cambiante, Sam xa non pode distinguir o que é realidade do que só pasa na súa cabeza, nin onde comeza e onde remata Henry.
Personaxes
Ewan McGregor como Dr. Sam Foster Naomi Watts como Lila Culpepper Ryan Gosling como Henry Letham Bob Hoskins como Dr. Leon Patterson Janeane Garofalo como Dr. Beth Levy Elizabeth Reaser como Athena B.D. Wong como Dr. Bradley Ren Kate Burton como Maureen Letham Amy Sedaris como Toni Isaach de Bankolé como o profesor Michael Gaston como Sheriff Kennelly Mark Margolis como dono da tenda de libros Michael Devine como garda de seguridade Riley G Matthews Jr como oficial #1 Vito Violante como oficial #2
Notas
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Marc Forster Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes de 20th Century Fox