miniatura|400px|Lygaeus turcicus (Hemiptera), ninfas e adultos. O hemimetabolismo ou paurometabolismo, tamén chamado metamorfose incompleta, é o tipo de desenvolvemento propio dalgúns grupos de insectos, que consta unicamente de tres fases: ovo, ninfa e imago ou adulto. Este tipo de metamorfose prodúcese por cambios graduais e nela falta a etapa de pupa, que teñen outros insectos, chamados holometábolos. A ninfa adoita parecerse ao adulto e coma el ten ollos compostos e patas desenvolvidas; mais non ten ás nin órganos sexuais maduros (funcionais); isto último é un carácter diagnóstico. Unha vez que o individuo xove (a ninfa) muda a un estadio con órganos sexuais, xa deixa de mudar e chega ao último estadio, o de adulto. Os insectos que posúen este tipo de desenvolvemento denomínanse hemimetábolos ou paurometábolos.McGavin, George C. Essential Entomology: An Order-by-Order Introduction. Oxford: Oxford University Press, 2001. pp. 20..

Descrición miniatura|Ninfa de Jikradia olitoria, familia Cicadellidae Na metamorfose sinxela, simple ou incompleta (paurometabolismo ou hemimetabolismo) o individuo pasa por varias mudas ata transformarse en individuo adulto sen pasar por unha fase de inactividade e sen deixar de se alimentar. Os estadios xoves ou inmaturos aseméllanse ao adulto excepto en que son máis pequenos, carecen de ás e non son maduros sexualmente. Tamén poden ter menor número de segmentos corporais. Este tipo de metamorfose sinxela dáse nalgúns insectos e tamén en anélidos, equinodermos, moluscos e crustáceos. Neste tipo de metamorfose as fases xoves dos insectos denomínanse ninfas. Son exemplos disto as chinches e os saltóns, que se parecen aos seus proxenitores, pero son máis cativos. Na última muda remata o desenvolvemento das ás, os xenitais externos (xeralmente edeago nos machos e ovipositor nas femias) e as estruturas sexuais secundarias como tímpanos e órganos estridulatorios. A anatomía interna sofre cambios relacionados coa vida adulta tales como a elaboración de musculatura torácica necesaria para o voo, reorganización do sistema nervioso para o control do voo e desenvolvemnto de gónadas cos seus respectivos ductos e glándulas accesorias; os sistemas dixestivo e excretor (tubos de Malpighi) non sofren maiores cambios porque o adulto adoita manter os mesmos hábitos alimenticios que a ninfa.H. Frederik Nijhout. 1994. Insect Hormones. Princenton University press.

Ordes de insectos hemimetábolos

As ordes de insectos nas que se dá o hemimetabolismo son:

hemípteros (chinches, pulgóns e carricantas) ortópteros (saltóns, grilos) mantodeos (barbantesas) blatodeos (cascudas) dermápteros (cadelas dde frade) odonatos (libélulas, cabalos do demo) fasmatodeos (insectos pau) efemerópteros (efémeras) ftirápteros (piollos) plecópteros notópteros

Notas

Véxase tamén Outros artigos Holometabola Holometabolismo

Ligazóns externas Desarrollo y Metamorfosis de Insectos. Zoología Agrícola. Facultad de Ciencias Agropecuarias. UNC.

Categoría:Fisioloxía dos insectos Categoría:Bioloxía do desenvolvemento Categoría:Termos zoolóxicos