Sara Valcárcel Maceira, nada na Estrada en 1994, é unha ilustradora e editora galega.
Traxectoria Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado en Dirección de Arte Publicitaria na Universidade de Vigo. Ampliou a formación en Bos Aires e Berlín.
É a creadora do proxecto Noaltodopoleiro, bolsas con deseños propios a man.
En 2025 era Responsable de Comunicación e coordinadora de Novos Proxectos na Editorial Galaxia.
Obra como ilustradora
Call me Sinbad, de Francisco Castro (2020). Small Stations. O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro (2021). Vigo: Galaxia. O libro secreto da filosofía, de José Carou (2023). Vigo: Galaxia. Xe, de Lara Boubeta Bamio (2023). Vigo: Galaxia.
Cuberta
Un intre antes do solpor, de Ana Carreira (2015). Fundación Cultural da Estrada. IV Premio Varela Buxán.
Notas
Categoría:Nados na Estrada Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo