Greg Brockman, nado o 29 de novembro de 1987 en Thompson, Dacota do Norte, é un informático teórico estadounidense.Start-up statt Schule – Greg Brockmans Weg zu OpenAI. 17. April 2023 É cofundador e foi presidente de OpenAI, unha é unha institución de investigación de intelixencia artificial (IA) sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo promover e desenvolver unha IA amigable de xeito que beneficie á humanidade no seu conxunto.
Traxectoria Brockmann estudou matemáticas e informática na Universidade de Harvard desde 2008 e tamén en informática no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 2010. Despois traballou no servizo de pagos en liña Stripe antes de cofundar OpenAI en 2015. Foi o número dous no liderado da compañía detrás do CEO Sam Altman e foi co-responsable do desenvolvemento de programas como ChatGPT e Dall-E. Brockman foi recentemente presidente da organización.
En novembro de 2023, Brockman deixou a compañía despois de que OpenAI despedira previamente a Altman.
Véxase tamén
Outros artigos Sam Altman Elon Musk Mira Murati OpenAI
Ligazóns externas
Páxina web de Greg Brockman
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Investigadores da intelixencia artificial Categoría:Nados en Dacota do Norte