L'Asturina é unha bandeira, sen carácter oficial ningún, que representa a loita pola independencia de Asturias. Está formada pola Cruz da Vitoria, a mesma que aparece na bandeira oficial de Asturias pero sen o alfa e o omega, e unha estrela vermella, de cinco puntas, arriba á esquerda.
Esta bandeira é empregada polas organizacións nacionalistas asturianas en manifestacións e outros actos.
Véxase tamén
Outros artigos Bandeira de Asturias Andecha Astur Darréu
Ligazóns externas Bandeiras do movemento nacionalista asturiano
Categoría:Bandeiras de Asturias Categoría:Nacionalismo asturiano