Camel é unha banda inglesa de rock progresivo formada en Guildford, Surrey, en 1971. Liderada polo guitarrista Andrew Latimer, editaron catorce álbums de estudo e catorce sinxelos, ademais de numerosos álbums en directo e DVD. Sen acadar a popularidade masiva, a banda gañou un público de culto na década de 1970 con álbums como Mirage (1974) e The Snow Goose (1975). A principios dos anos 80 pasaron a unha dirección máis ao estilo jazz e máis comercial, pero despois pasaron a unha longa tempada inactivos. Desde 1991 a banda fíxose independente, editando discos no seu propio selo. miniatura|Camel en concerto no 2003. A pesar de que non hai novos lanzamentos en estudo desde 2002, a banda realizou unha xira en 2018. A súa música influíu en artistas como Marillion, Opeth e Steven Wilson. O xornalista musical Mark Blake describiu a Camel como "os grandes heroes anónimos do rock progresivo dos anos 70".

Membros

Antigos membros

Discografía

Camel (1973) Mirage (1974) The Snow Goose (1975) Moonmadness (1976) Rain Dances (1977) Breathless (1978) I Can See Your House from Here (1979) Nude (1981) The Single Factor (1982) Stationary Traveller (1984) Dust and Dreams (1991) Harbour of Tears (1996) Rajaz (1999) A Nod and a Wink (2002)

Notas

Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1971 Categoría:Grupos musicais do condado de Surrey