Frank Berger, nado en Wipperfürth en 1957, é un historiador e numismático alemán especializado na moeda da Antiga Roma.
Traxectoria
Tras concluír o bacharelato en 1976 nun instituto da súa cidade natal, Frank Berger cursou estudos superiores de Historia e de Filoloxía Alemá e Arqueoloxía entre 1977 e 1984 en Muenster e Bochum. Posteriormente acadou o seu doutoramento pola Universidade de Hannover en 1990."Frank Berger". Associazione Viaggi Polari (Viaggipolari.it).
Logo da súa etapa formativa, traballou na Comisión Arqueolóxica da Baixa Saxonia, en Hannover, entre 1984 e 1985. Este último ano formou parte do grupo de fundadores da Sociedade Konrad Baye. De 1985 a 1997 traballou como colaborador científico no Museo Kestner de Hannover, e a partir dese último ano pasou a ocupar o cargo de conservador do Museo Histórico de Frankfurtrt,"Das Historische Museum Frankfort. Ein rundgang mit Franl Berger". En Münzen Woche. 20 de decembro de 2017. como responsable do seu gabinete de moedas, armas e armaduras, tecnoloxía, maquetas e dioramas.
Paralelamente, desde 1992 Berger, exerceu a docencia nas universidades de Hannover, de Osnabrück, de Frankfurt e de Marburgo.
Berger ten publicacións diversas no campo da numismática; é membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán desde 2005,"Members of the DAI". Deutsches Archäologisches Institut (Dainst.org). e tamén forma parte da Comisión Numismática dos Estados Alemáns."Mitglieder: Dr. Frank Berger". Numismatische Kommission der Länder (Numismatische-kommission.de). O seu principal campo de investigación é a moeda da Antiga Roma, e focaliza a súa atención na datación de moedas romanas procedentes de batallas romano-xermánicas, como a de Harzhorn e a de Varo."Das römisch-germanische Schlachtfeld vom Harzhorn". Niedersächsischen Ministeriums für Wissenschaft und Kultur. 25 de agosto de 2010"Münzen verraten den Zeitpunkt der Schlacht". En Stern.de. 17de abril de 2009.
Outro dos seus ámbitos de interese son as investigacións sobre as rexións polares, e forma parte da Associazione Viaggi Polari.
Recoñecementos
(2007): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional.
Publicacións Esta é unha escolma das monografías máis salientables publicadas ao longo da traxectoria académica de Frank Berger:"Dr. Frank Berger, Frankfurt: Publikationen". Numismatische Kommission der Länder e.V. (Numismatische-kommission.de)."Frank Berger (*1957). Schriftenverzeichnis". Coingallery.de
(1988). Die Fundmünzen der römischen Zeit in Deutschland: Osnabrück, Aurich, Oldenburg (con C. Stoess). Berlín. ISBN 3-7861-1550-8 (1988). Die Fundmünzen der römischen Zeit in Deutschland: Hannover, Lüneburg, Braunschweig, Hildesheim, Stade, Bremen. Berlín. ISBN 3-7861-1551-6 (1989). Die Münzen der Römischen Republik im Kestner-Museum Hannover. Hannover. ISBN 3-924029-12-1 (1989). Der Münzfund von Bevern (Um 1460) (con Helmut Reitz). Bremervörde. (1991). Die antiken Goldmünzen im Kestner-Museum Hannover. Hannover. ISBN 3-924029-15-6 (1992). Untersuchungen zu römerzeitlichen Münzfunden in Nordwestdeutschland. Mann, Berlín. ISBN 3-7861-1675-X (1993). Die mittelalterlichen Brakteaten im Kestner-Museum Hannover. Hannover. ISBN 3-924029-21-0 (1998). Die römischen Fundmünzen: Text und Tafeln. Darmstadt. ISBN 3-8053-1917-7 (1998). Geld ohne Grenzen. Frankfurt. ISBN 3-89282-032-5 (2001). 12 werden eins: Ein Geld für Europa. Frankfurt. ISBN 3-89282-041-4 (2007). Frankfurt und der Nordpol: Forscher und Entdecker im ewigen Eis. Petersberg. ISBN 978-3-86568-285-7 (2008). Carl Weyprecht (1838–1881): Seeheld, Polarforscher, Geophysiker. Viena. ISBN 978-3-7001-4019-1 (2010). Eduard Ritter von Orel (1841-1892) und die österreichisch-ungarische Nordpolar-Expedition mit seinem Rückzugstagebuch von 1874 (con E. Mazzoli). Trieste. ISBN 978-88-96940-38-9 (2011). 101 Unorte in Frankfurt am Main (con C. Setzepfandt). Frankfurt. ISBN 978-3-7973-1248-8 (2014). Triest und der Nordpol. Die Berichterstattung der Triester Zeitungen über die österreichisch-ungarische Nordpolarexpedition von 1872/1874 mit den Expeditionstagebüchern eines Matrosen (Bootsmann Pietro Lusina) und des Maschinisten Josef Pospischil (con Enrico Mazzoli). Trieste. ISBN 978-88-6803-083-4 (2015). Julius Payer. Die unerforschte Welt der Berge und des Eises. Bergpionier, Polarfahrer, Historienmaler. Innsbruck/Viena. ISBN 978-3-7022-3441-6 (2015). Alla Scoperta di mondi glaciali. Julius Payer, ritratto di alpinista, viaggiatore polare e pittore (con Riccardo Decarli). Lecco. ISBN 9788899340001 (2016). 101 Geldorte in Frankfurt. Frankfurt. ISBN 978-3-95542-186-1
(2020). 101 Männerorte in Frankfurt (con C. Setzepfandt e J. Zwilling). Frankfurt. ISBN 978-3-95542-095-6 (2020). Das Geld der Dichter in Goethezeit und Romantik. ISBN 978-3-7374-0486-0 (2020). Frankfurt und Umgebung auf historischen Karten (con S. Hynek et al.). Frankfurt. ISBN 978-3-95542-390-2 (2021). Wipperfürth, Hückeswagen und Radevormwald auf historischen Karten. Remscheid. ISBN 978-3-9684-7023-8
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Alumnos da Universidade de Hannover Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes