Os billetes do franco suízo son os emitidos polo Banco Nacional Suízo para a súa circulación tanto na Confederación Suíza como en Liechtenstein. A última serie emitida —a novena serie— está composta polos valores faciais de 10, 20, 50, 100, 200 e 1.000 francos suízos.
O código de representación do franco suízo, tanto para as moedas como para os billetes, é o ISO 4217 CHF, que representa un compromiso lingüístico: CH pola denominación do país en latín (Confoederatio Helvetica) e a abreviatura Fr por franco, válida para a denominación da moeda nas catro linguas oficiais en Suíza. En tanto que este compromiso se aplica ás moedas metálicas, no caso dos billetes suízos a denominación da unidade monetaria exprésase nas catro linguas nacionais: francés —frank—, alemán —Franken—, italiano —franco— e romanche —franc—.
Antecedentes
Primeiros billetes suízos As primeiras mostras de papel moeda en Suíza foron as emitidas en 1825 pola Caixa de Depósito da Cidade de Berna, con valor de 500 francos. Con esta emisión, a cidade pretendía financiar as súas arcas explotando a señoriaxe.Dubuis, O. F. (2004). "Billets de banque". En Dictionnaire Historique de la Suisse. 4 de novembro. miniatura|270x270px|Billete de 100 francos da Caixa de Depósito da Cidade de Berna (1849)."Bern: 100 Frankenthaler". Numista.com O exemplo foi seguido polo Banco Cantonal de Berna en 1834, o Banco de Zürich (1837), o Banco de Sankt Gallen (1838), o Banco de Basilea (1845) e o Banco Cantonal de Vaud (1846). Algúns banqueiros privados tamén seguiron este camiño, cara á década de 1840.
Durante o século XIX, os cantóns de Suíza tiñan dereito a imprimir o seu propio papel moeda. Antes do cambio de século, máis de 60 bancos emitiran os seus propios billetes. O uso destes billetes non estaba moi estendido porque só os aceptaban os bancos que os emitiran e porque a mala calidade de impresión facilitaba o labor dos falsificadores e tamén provocaba que se deteriorasen doadamente.
Varios cantóns comezaran a fixar, a finais da década de 1840, a taxa de cobertura das emisións de papel con metais preciosos, e algúns tamén fixaran límites á emisión de billetes.
O franco suízo miniatura|Billete de 100 francos do Banco da Suíza Italiana (1877)."Tesino: 100 Francs". Numista.com|270x270px En 1850 introduciuse o franco suízo e produciuse unha simplificación do sistema de denominación dos billetes, que antes se expresaban en diferentes unidades monetarias en cada cantón (escudo, tálero, franco, florín, etc). Non obstante, os bancos seguiron a ter a liberdade para elixiren tanto os valores faciais como o aspecto dos billetes, e tamén a porcentaxe de cobertura de metais preciosos.
Logo da guerra franco-prusiana, os bancos realizaron varios intentos de fomentar a difusión dos billetes e, xa que logo, as súas ganancias. En 1876, chegouse a un acordo entre unha vintena de bancos para recoñeceren reciprocamente os seus respectivos billetes. Ao mesmo tempo, a guerra franco-prusiana provocara o acaparamento das emisións de ouro e, por conseguinte, unha maior difusión dos billetes.
Os billetes cantonais miniatura|279x279px|Billete de 100 francos emitido polo Banco de Zürich en 1883, xa sobre un modelo federal."Zürich: 100 Francs". Numista.com En 1881, consonte o artigo 39 da Constitución, que fora modificado uns anos antes, o Consello Federal de Suíza conseguiu establecer as normas para a emisión e a circulación de billetes de banco. Coa lei do 8 de marzo de 1881, fixáronse os valores faciais do papel moeda, que ficaron limitados a catro (50, 100, 500 e 1.000 francos suízos), e tamén se uniformou o aspecto dos billetes, así como a redacción dos textos que debían levar impresos. En virtude deste novo control federal, logrouse reducir os riscos para a cidadanía e os billetes comezaron a circular con maior axilidade.
A Confederación subministraba a todos os bancos papel moeda dun único tipo, impreso en Londres pola compañía Bradbury Wilkinson & Co, e supervisaba a súa emisión. Os bancos individuais limitábanse a colocar o seu nome, o valor en letras no idioma utilizado no cantón, a numeración do billete e algún outro detalle menor.
Chegou a haber arredor de 40 bancos autorizados para emitir este tipo de billetes. A maioría destas entidades realizaron as súas emisións entre 1883 e 1886. Poucos bancos emitiron billetes despois dese último ano, e só un prologou as súas emisións ata 1901.
O Banco Nacional Suízo
En 1891 modificouse novamente o artigo 39 da Constitución Federal e, como consecuencia, o dereito de emisión de papel moeda ficou reservado para un banco nacional. En 1905 fundouse o Banco Nacional Suízo, que comezou a exercer as súas funcións como institución emisora en 1907, cando entrou en vigor o monopolio.Dubuis, O. F. (2004). "Banque nationale suisse (BNS)". En Dictionnaire Historique de la Suisse. 4 de novembro.
A partir dese momento todas as emisións de papel moeda realizadas en Suíza tiveron como emisor o Banco Nacional Suízo, coa única excepción de senllas emisións extraordinaria levadas a cabo en 1914 polo Banco de Préstamos da Confederación Suíza —20 francos— e pola Caixa Federal —5, 10 e 20 francos— ."Switzerland - Staatskasse & Darlehenskasse". Banknote.ws"Caisse fédérale (1914) ". Numizon.com"Caisse fédérale (1914)". Numista.com
Series emitidas polo Banco Nacional Suízo
Cadro resumo cos datos básicos SerieInicioRetiradaSen valorValores faciaisArtistasNotas1ª190701/07/191201/07/19451000, 500, 100, 50Josef Storck, Albert WalchBilletes transitorios, similares aos utilizados anteriormente polos bancos.2ª191101/10/195801/10/19781000, 500,100, 50, 20, 5Eugène Burnand, Ferdinand Hodler3ª191801/07/192501/07/1945100, 20S. Balzer, F. M. Diogg,Billetes de guerra. Non se emitiu toda a serie.4ªNon emitida (1938)1000, 100, 50Victor Surbeck, Hans ErniSerie de reserva, non posta en circulación.5ª195601/05/198001/05/20001000, 500, 100, 50, 20, 10Pierre Gauchat, Hermann Eidenbenz6ª197601/05/2000Sen límite1000, 500, 100, 50, 20, 10Ernst e Ursula HiestandXa sen curso legal, pódese trocar no BNS.7ªNon emitida (1984)1000, 500, 100, 50, 20, 10Elisabeth e Roger PfundSerie de reserva, non posta en circulación.8ª199530/04/2021Sen límite"Le délai pour l'échange des vieux billets de banque définitivement levé ". Bilan.ch. 13 de novembro de 2019.1000, 200, 100, 50, 20, 10Jörg Zintzmeyer9ª2016En circulaciónEn circulación1000, 200, 100, 50, 20, 10Manuela Pfrunder
Primeira serie Para a primeira serie de billetes posta en circulación en 1907, o Banco Nacional Suízo utilizou os mesmos deseños e os mesmos valores faciais que viñeran utilizando anteriormente os bancos cantonais —unha representación alegórica de Helvetia á esquerda dos anversos e unhas cores distintivas para cada valor, obra de Ferdinand Hodler e Eugène Burnand—, dado que o tempo transcorrido entre a fundación do banco e a emisión dos billetes non permitiu desenvolver uns novos deseños. A impresión levouse a cabo en Bradbury Wilkinson & Co., Londres, do mesmo xeito que os antigos billetes cantonais. O texto impreso modificouse soamente para os adaptar á nova situación, co Banco Nacional como emisor, e tamén se engadiu na parte superior dereita un selo vermello co escudo de Suíza. 1ª serie "Première série de billets de banque (1907) ". Banque nationale suisse (SNB.ch).ImaxeValorDimensiónsCoresAnversoReversoEmisiónAnversoReverso116x116px116x116px50francos"50 Francs 1st series". Numista.com103 x 166 mmVerdeHelvetiaAdornos20/07/1907128x128px128x128px100francos"100 Francs 1st series". Numista.com116 x 183 mmAzulHelvetiaAdornos20/07/1907139x139px139x139px500francos"500 Francs 1st series". Numista.com126 x 199 mmVerdeHelvetiaAdornos20/07/1907150x150px150x150px1.000francos"1000 Francs 1st series". Numista.com132 x 215 mmVioletaHelvetiaAdornos20/07/1907
Segunda serie A segunda serie de billetes do Banco Nacional Suízo emitiuse entre 1911 e 1914. Estes billetes tiveron unha vida útil extraordinaria, xa que permaneceron en circulación ata a súa retirada entre 1956 e 1957.
O billete de cinco francos estaba destinado a substituír as moedas de prata do mesmo valor, que tendían a atesourarse e, xa que logo, a retirarse do circuíto de pagamentos en caso de conflito bélico ou de crise grave. Este billete foi o que máis tempo estivo en circulación dos que forman parte desta serie. 2ª serie "Deuxième série de billets de banque (1911) ". Banque nationale suisse (SNB.ch).ImaxeValorDimensiónsCoresAnversoReversoEmisiónAnversoReverso104x104px104x104px5francos"5 Francs 2nd series". Numista.com70 x 125 mmVerde - MarrónGuillerme TellAdornos03/08/1914109x109px109x109px10francos"10 Francs 2nd series". Numista.com82 x 135 mmVerdeMuller de NeuchâtelAdornosNon emitido114x114px114x114px20francos"20 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2) (Type 3)". Numista.com95 x 163 mmAzulVioletaVreneliAdornos31/07/1914109x109px109x109px40francos"40 Francs 2nd series". Numista.com82 x 144 mmVioletaMarrónArnold von WinkelriedAdornosNon emitido117x117px117x117px50francos"50 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2)". Numista.com106 x 155 mmVerdeMullerLeñador22/12/1911127x127px127x127px100francos"100 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2) (Type 3)". Numista.com115 x 181 mmAzulMullerSegador17/09/1911140x140px140x140px500francos"500 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2) (Type 3)". Numista.com125 x 200 mmVermelloMarrónMullerBordadoras24/12/1912151x151px151x151px1.000francos"1000 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2) (Type 3)". Numista.com131 x 216 mmVioletaMullerFundición16/09/1911
Terceira serie A terceira serie de billetes suízos imprimiuse en 1918. Algúns dos billetes emitíronse posteriormente entre como billetes de guerra, entre 1918 e 1930, en tanto que outros non chegaron a entrar en circulación e mantivéronse como billetes de reserva, ao dispor por se as circunstancias aconsellaban a súa posta en circulación. 3ª serie "Troisième série de billets de banque (1918) ". Banque nationale suisse (SNB.ch).ImaxeValorDimensiónsCoresAnversoReversoEmisiónAnversoReverso113x113px113x113px20francos"20 Francs 3rd series (1923)". Numista.com88 x 141 mmMarrónAzulMuller de FriburgoAdornosNon emitido112x112px112x112px20francos"20 Francs 3rd series (1926)". Numista.com86 x 143 mmMarrónAzulJohann H. PestalozziCruz suízaNon emitido112x112px112x112px20francos"20 Francs 3rd series (1929-1952)". Numista.com86 x 143 mmMarrónAzulJohann H. PestalozziCruz suíza15/07/1930127x127px127x127px100francos"100 Francs 3rd series (1918)". Numista.com15 x 180 mmAzulGuillerme TellMacizo Jungfrau27/09/1918127x127px127x127px100francos"100 Francs 3rd series (1918-1920)". Numista.com15 x 180 mmAzulGuillerme TellMacizo JungfrauNon emitido
Cuarta serie Trátase dunha serie de reserva preparada en 1938, que nunca chegou a pórse en circulación. O seu deseño encargóuselles aos pintores Victor Surbeck e Hans Erni. Os billetes de 1.000, de 100 e de 50 francos chegaron a imprimirse, en tanto que o de 500 francos ficou na fase de probas. 4ª serie "Quatrième série de billets de banque (1938) ". Banque nationale suisse (SNB.ch).ImaxeValorDimensiónsCoresAnversoReversoEmisiónAnversoReverso117x117px117x117px50francos"50 Francs 4th series". Numista.com96 × 167 mmVerdeCabeza de mullerBoiNon emitido133x133px133x133px100francos"100 Francs 4th series". Numista.com106 × 190 mmAzulCabeza de mullerAdornosNon emitido147x147px147x147px500francos"500 Francs 4th series". Numista.com116 × 210 mmVermelloCabeza de mullerQuímicaNon emitido160x160px160x160px1.000francos"1000 Francs 4th series". Numista.com125 × 228 mmVioletaCabeza de mullerTurbinaNon emitido
Quinta serie Esta serie emitiuse entre 1956 e 1957 e contaba por primeira vez co valor facial de 10 francos. Tamén por vez primeira nos billetes suízos, os catro valores superiores constitúen unha unidade temática e formal, xa que existe un vínculo entre o retrato do anverso e o tema do reverso de cada billete.