A trama (en ) é un filme estadounidense de 1976 de comedia negra e suspense dirixido por Alfred Hitchcock, no seu derradeiro filme como director. Baséase na novela de 1972 de Victor Canning The Rainbird Pattern, a cal foi adaptada por Ernest Lehman á pantalla. Está protagonizado por Karen Black, Bruce Dern, Barbara Harris e William Devane; estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1976, mais non participou na competición principal.

A historia involucra dúas parellas: unha "falsa" psíquica e o seu mozo condutor de taxi, e unha parella de ladróns e secuestradores profesionais. As súas vidas entran en conflito por mor dunha busca dun herdeiro desaparecido. O título do filme é un xogo de palabras: en inglés "Family Plot" pode referirse a unha zona dun cemiterio que foi comprada por unha familia para o enterro dos seus familiares, mais tamén significa unha trama dramática na que participan varios membros da familia.

Estreouse en galego o 15 de novembro de 2023 a través da TVG.

Personaxes

Karen Black como Fran Bruce Dern como George Lumley Barbara Harris como Blanche Tyler William Devane como Arthur Adamson/Edward Shoebridge Cathleen Nesbitt como Julia Rainbird Ed Lauter como Joseph P. Maloney Katherine Helmond como Mrs. Maloney Warren J. Kemmerling como Grandison Nicholas Colasanto como Victor Constantine Edith Atwater como Mrs. Clay William Prince como Bishop Wood Marge Redmond como Vera Hannagan John Lehne como Andy Bush Charles Tyner como Wheeler Alexander Lockwood como Parson Martin West como Sanger Elisabeth Brooks como muller no café Carl Byrd como Tenente Peterson (sen acreditar)

Notas

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes dirixidos por Alfred Hitchcock Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes de 1976 con versión en galego