A economía do Uruguai baséase grandemente nas exportacións de produtos agropecuarios, nunha man de obra moi cualificada, e altos niveis de gastos sociais. Despois dun crecemento de 5% a.a. entre 1996 e 1998, a economía sufriu unha recesión entre 1999 e 2002, despois das crises económicas dos veciños e principais parceiros do Mercosur, o Brasil e a Arxentina. Como exemplo, a Arxentina retirou grandes somas de depósitos dos bancos uruguaios en 2001 e 2002, o que resultou nunha especulación coa moeda uruguaia e un crecemento do desemprego. O PIB neses dous anos caeu case 20%, sendo 2002 o peor ano da crise. Unha renegociación da débeda co sector privado en 2003 restaurou a confianza pública. Grazas a isto, e a unha arribada dos prezos das commodities exportadas polo país, a economía volveu crecer, chegando a 10% en 2004, e a 6,1% en 2005, cunha media de 8% ó ano entre o 2004 e o 2008. O 2009 o crecemento foi apenas 1,7% pero o país non sufriu unha recesión grazas a eficientes políticas monetaria e fiscal adoptadas.
Características Os gandos ovino e bovino son os máis importantes; carne, la, coiro e outros subprodutos constituíron sempre as principais exportacións. De menor relevancia para a economía son os cultivos agrícolas, entre eles, o trigo, o arroz e a soia.
Os recursos minerais son escasos, pero a industria creceu grazas ás importacións de combustibles e materias primas. A principal industria é a alimenticia, seguida pola téxtil e a química. Unha industria que creceu a finais do século XX e principios do XXI é a do software, a que está efectuando exitosas exportacións non tradicionais.
A rede de estradas é boa e o turismo crece rapidamente. O turismo e os servizos financeiros constitúen importantes recursos económicos.
Sistema bancario O Uruguai foi coñecido como a "Suíza de América", entre outras razóns, pola tradicional presenza de numerosos bancos.
Foi particularmente forte a crise bancaria de 2002 no Uruguai; pero o Estado uruguaio apoiou a devolución de depósitos á ampla maioría dos aforristas, e respectouse a moeda orixinal dos depósitos; por tanto e a longo prazo, a praza financeira uruguaia recuperou a confianza do público. Iso significou tamén o final da até entón habitual costume do Estado uruguaio de asistir aos bancos crebados, e creouse un seguro de depósitos bancarios con cobertura parcial.
É de destacar a existencia do segredo bancario no sistema financeiro, que data de 1982. Aínda que en 2010, o Parlamento estudou o seu levantamento parcial,<, tras aprobar a correspondente lei vén aplicando discretamente e previa actuación xudicial.
Notas
Categoría:Uruguai Uruguai