Pablo Diego Dios, nado en Pontevedra o 11 de febreiro de 1998, é un escritor, sociólogo, internacionalista e activista en defensa da lingua e a cultura galega.
Familia As súas raíces familiares proveñen de Noia, Tui e Braga. Entre os seus ascendentes directos pola rama noiesa están o xeógrafo, matemático e político Domingo Fontán, autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia; Xohán de Traba, escritor e político galego militante do Partido Galeguista e fundador canda Álvaro das Casas do Grupo Ultreya e Eladio López Oviedo, un dos fundadores da Unión do Povo Galego (UPG).
Traxectoria
Estudos Estudou Relacións Internacionais, Socioloxía e fixo un posgraduado en Desenvolvemento Económico pola Universidade Complutense de Madrid, a Universidade Iaguelónica de Cracovia e a Universidade de São Paulo.
Fundacións e traballos Durante a súa formación académica en socioloxía, especializouse no campo da antropoloxía simbólica. Debido ao seu vencello co lugar da Fraga de Abaixo (Ponte Caldelas), núcleo moi pouco poboado ao pé da Serra do Cando onde pasou parte da súa infancia, realizou un traballo de campo arredor das Serras do Cando e Candán e a través da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes . Os achados foron publicados na novela “Alén”, gañadora do Premio á Preservación da Lingua e a Cultura Galega outorgado pola Deputación de Pontevedra.
Inspirado polo manifesto "Máis Alá!" de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, fundou en 2022 o colectivo galeguista e a revista cultural "O Ferrado" , centrados na sociopolítica, historia e economía de Galiza. Nomeado “Un dos acontecementos que fixeron medrar Galiza” en 2022 polo xornal Praza.gal .
Ten colaborado con medios como a RTVG e La Voz de Galicia e forma parte do foro de debate nacionalista Novo Galeguismo.
Publicacións Alén (2020). Deputación de Pontevedra. 248 páxs. ISBN 978-84-09-25633-4. Thriller ambientado no rural de Galicia que percorre a mitoloxía, as lendas e a tradición oral galega, onde o sobrenatural se confunde coa realidade. Un País en Pensamento (2025). Ardora Editora. 135 páxs. ISBN 978-84-09-74174-8. Colección de artigos sobre a política, a cultura e a historia de Galicia, escritos desde diferentes perspectivas e voces. Prologado polo historiador Antom Santos. A pesar dos pesares (2026). Ardora Editora. 170 páxs. ISBN 978-84-09-88798-9. Colección de artigos inéditos arredor de Galicia, a súa lingua, cultura e historia. Prologado polo músico Xoán X. López. Unha historia de Nós (2026). Vigo: Editorial Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-1176-621-0. Libro de divulgación histórica que percorre máis de mil anos da historia de Galicia —do século IV ao XVI— a través de trece episodios protagonizados por personaxes e acontecementos extraordinarios.
Premios Gañador do Premio á Preservación da Lingua e a Cultura Galega outorgado pola Deputación de Pontevedra (2020).
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega