Pink Mountaintops é unha banda canadense de rock alternativo formada en Vancouver en 2003 e liderada por Stephen McBean, único membro constante. O grupo naceu como un proxecto en solitario de McBean, pero funciona como un proxecto colaborativo no que participan outros moitos músicos.

O primeiro álbum do grupo, Pink Mountaintops, foi lanzado en 2004 polo selo Jagjaguwar e conta con Amber Webber e Joshua Wells. Os seus temas van dende o country alternativo ata o indie rock. O seu segundo traballo, Axis of Evol, apareceu en 2006.

O seu terceiro disco, Outside Love, incluíu colaboracións de membros doutras bandas, como Godspeed You! Black Emperor e Jackie O Motherfucker. O cuarto álbum de estudio de Pink Mountaintop, Get Back, foi lanzado en 2014. Entre os músicos que colaboraron atópanse Annie Hardy, Greg Foremann, e Rob Barbato. O disco foi gravados nos Ánxeles e producido por Joe Cardamone.

O seu derradeiro álbum ata a data, Peacock Pools, foi editado en 2022 polo selo ATO Records, desta vez coa axuda de músicos de bandas como Destroyer, Ty Segall, Black Mountain, Melvins ou Redd Kross.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Pink Mountaintops 2004 Jagjaguwar Axis of Evol 2006 Jagjaguwar Outside Love 2009 Jagjaguwar Get Back 2014 Jagjaguwar Peacock Pools 2022 ATO Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Vancouver Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2003