A Vía de Alta Capacidade do Barbanza foi unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que discorría entre Padrón e Ribeira, deseñada como unha estrada limitada a 100 km/h (velocidade máxima para vías de alta capacidade e altas prestacións, 90 km/h na actualidade). O percorrido contaba cun total de 40,06 quilómetros e 1 só carril en cada sentido.

Descrición Como precedente á construción desta vía para automóbiles, a finais do ano 1984, comezaron as obras do tramo, non proxectado coma "vía rápida", senón, coma unha variante ó sur de Padrón para desconxestionar o tráfico entre a travesía de Lestrobe (conexión coa estrada nacional N-550) e a estrada comarcal C-550 duns 1,6 quilómetros de lonxitude. Nesta primeira intervención non se fixo a conexión coa autoestrada do Atlántico AP-9 que, posteriormente, foi inaugurada a finais do ano 1990, enlazando co tramo de Santiago de Compostela (sur)-Padrón. Esta antedita variante foi inaugurada por Gerardo Fernández Albor, o 29 de outubro de 1985 contado cun investimento duns 311 millóns de pesetas. miniatura|380px|centro|Variante sur de Padrón en 1985 e conexión da VG-1.1 coa autoestrada do Atlántico AP-9 en 1990.

A finais de 1989 comezaron as obras do tramo Dodro-Rianxo como primeiro tramo duns 10,8 quilómetros de lonxitude, proxectada como "autovía comarcal" que logo se modificou a "vía comarcal" e foi inaugurado por Xosé Cuíña, o 22 de abril de 1992, cun investimento duns 775 169 640 de pesetas. Os dous seguintes tramos, Boiro-A Pobra do Caramiñal e A Pobra do Caramiñal-Ribeira duns 17 quilómetros de lonxitude foron inaugurados por Manuel Fraga o 30 de xullo de 1994, cun investimento de máis de 2 200 millóns de pesetas. O seguinte tramo Rianxo-Boiro que completaba o percorrido sen o acceso directo á autoestrada do Atlántico AP-9 e N-550, foi inaugurado o 11 de novembro de 1994 e contou cuns 6,5 quilómetros de lonxitude e un investimento duns 1 800 millóns de pesetas.

O derradeiro tramo, a conexión coa variante sur de Padrón, co tramo Padrón-Dodro foi inaugurado por Manuel Fraga, o 23 de xuño de 2001, duns 9 quilómetros de lonxitude e un investimento duns 1 600 millóns de pesetas (9 616 540 €), á parte duns 1,6 quilómetros da variante sur de Padrón que foi reformada para transformala en vía de alta capacidade.

O 16 de decembro de 2008, tras varios tramos parciais, o percorrido completo foi transformado en autovía AG-11 na súa totalidade dende Padrón ata Ribeira; despois de 23 anos como vía rápida deixou de figurar oficialmente na lista da Rede de estradas de Galicia.

A vía rápida do Barbanza foi dende a súa posta en servizo no ano 1992 unha das vías máis perigosas de Galicia, cun total de 56 mortos ata a súa conversión en autovía no ano 2008.

Tramos Tramos orixinais Denominación Tramo Quilómetros Ano de entrada en servizo Variante sur de Padrón Padrón - Lestrobe 1,6 1985 Enlace coa autoestrada do Atlántico 1990

Padrón - Lestrobe 2001 Lestrobe - Bexo 8

Bexo - Taragoña 10,8 1992

Taragoña - Boiro 4,2 1994

Boiro - Ribeira 17 1994

Conversión en autovía

Denominación Tramo Quilómetros Ano de entrada en servizo

Padrón - Lestrobe 1,5 1 carril por sentido: 2008 2 carrís por sentido: 2008

Lestrobe - Rianxo 15,5 1 carril por sentido: 2008 2 carrís por sentido: 2008

Rianxo - Boiro 6 1 carril por sentido: 2008 2 carrís por sentido: 2008

Boiro - Palmeira 15 1 carril por sentido: 2008 2 carrís por sentido: 2008

Palmeira - Ribeira 2 1 carril por sentido: 2008 2 carrís por sentido: 2008

Notas

Véxase tamén Outros artigos AC-305

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Estradas da provincia da Coruña