, nado o 27 de febreiro do 1900 en Ishikawa e finado o 24 de novembro do 1990, foi un filósofo xaponés da Escola de Kyoto."Nishida Kitar)( Foi discípulo de Nishida Kitarō.

Traxectoria No 1924, doutorouse pola Universidade de Kyoto cunha tese sobre as obras de Friedrich Schelling e Henri Bergson. Entre o 1937 e o 1939, estudou con Martin Heidegger na Universidade de Friburgo. No 1943, ocupou a cátedra de Filosofía e Relixión da Universidade de Kyoto. Polos seus escritos sobre o concepto de nación, realizados durante o período de guerra, as autoridades imperiais considerárono sospeitoso de traizón. No 1964, converteríase en catedrático emérito da Universidade de Kyoto. En varias ocasións, foi profesor visitante nos Estados Unidos e en Europa.

Filosofía Segundo o propio Nishitani, "o problema fundamental da miña vida (...) foi sempre a superación do nihilismo a través do nihilismo". A filosofía de Nishitani tiña unha inclinación relixiosa e subxectiva, próxima aos autores existencialistas e místicos como Søren Kierkegaard e Meister Eckhart. Neste sentido, opoñíase aos eruditos e teólogos que procuran elaborar un sistema de pensamento. Nishitani reuniu organicamente a poesía, a literatura, a relixión e a filosofía do zen no seu traballo.

Na súa obra Shūkyō to wa nanika? 宗教とは何?("Que é a relixión?", 1961), Nishitani compara o concepto budista de sunyata ou baleiro co nihilismo occidental. Namentres a nada nihilista significa ausencia de sentido, o sunyata está relacionado coa aceptación do anatta, un dos tres correctos entendementos do Nobre Óctuple Sendeiro, e co rexeitamento do ego para ser un con todo. Xa que logo, o baleiro budista implica que "todas as cousas que está no mundo están unidas, de un ou outro xeito".

Obras As obras completas de Nishitani foron editadas en 26 volumes. As seguintes son algunhas das máis representativas:

Kami to zettai mu 神と絶対無 ("O divino e a negación absoluta", 1948). Arisutoteresu ronkō アリストテレス論考 ("Examinando a Aristóteles", 1948). Gendai shakai no somondai to shūkyō 現代社会の諸問題と宗教 ("Problemas e relixión na sociedade moderna", 1951). Shūkyō to wa nanika? 宗教とは何?("Que é a relixión?", 1961) Bukkyō ni tsuite 仏教について ("Sobre o budismo", 1982). Nishida Kitarō: Sono hito to shisō 西田幾多郎 その人と思想 ("Nishida Kitarō: O home e o pensamento", 1985). Zen no tachiba 禅の立場 ("O punto de vista do zen", 1986).

Traducións En castelán Nishitani, K. (2017). La religión y la nada. Tradución ao castelán de Raquel Bouso. Chisokudo Publications.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Heisig, J. (2015). Filósofos de la nada: Un ensayo sobre la Escuela de Kioto. Editorial Herder.

Ligazóns externas Obras de Nishitani Keiji (Philpapers)

Categoría:Filósofos da relixión Categoría:Alumnos da Universidade de Kyoto Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Filósofos do Xapón Categoría:Filosofía xaponesa