Eladio Zorrilla Jiménez, coñecido como Elady, nado en La Puerta de Segura (Xaén) o 13 de xullo de 1990, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo no Tenerife, da Segunda División.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol en equipos modestos como o Orcera CF, o La Puerta ou o Villacarrillo, cos que militou durante anos nas categorías rexionais andaluzas. Na tempada 2012/13 xogou co Real Jaén na Segunda División B, logrando o ascenso a Segunda, e nas seguintes campañas militou na Terceira División, vestindo as camisetas do Villacarrillo, o Écija, o Linares e o Atlético Mancha Real, co que conseguiu o ascenso a Segunda B marcando 21 goles.
A continuación fichou polo Murcia, onde xogou durante unha tempada e media, antes de pasar brevemente polo fútbol polaco, vestindo a camiseta do Cracovia Kraków da Ekstraklasa. En 2018 fichou polo FC Cartagena, onde destacou durante os seguintes tres anos, disputando 106 partidos e marcando 36 goles. Na súa segunda campaña en Cartaxena proclamouse campión do Grupo IV da Segunda B, con Borja Jiménez como adestrador, e conseguiu o seu segundo ascenso á categoría de prata. Así, debutou finamente en Segunda durante a tempada 2020/21, marcando 7 goles en 40 partidos de liga.
En xullo de 2021 fichou polo Tenerife, tamén de Segunda.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do Écija Balompié Categoría:Xogadores do Linares Deportivo Categoría:Xogadores do Lorca FC Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do CD Tenerife