A lengüeira, Serapias lingua,Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha planta herbácea perenne da familia Orchidaceae. miniatura|320x320px|Detalle da flor. miniatura|240x240px|Flor.

Descrición O xénero Serapias caracterízase por ter as flores erectas de cor púrpura ou violáceas e o labelo central con forma de lingua. Serapias lingua ten o labelo central bastante ancho e longo, máis curto e menos reflexo que en Serapias parviflora, e non ten a base en forma de corazón como en Serapias cordigera. Florece dende abril até xuño.Herbariovirtual

Hábitat Vive en solos silíceos, en pradarías húmidas, matogueira alta, en oliveirais, e bosques claros que deixen pasar suficiente luz.

Chega a desenvolverse en alturas de até 1000 m s. n. m.

Taxonomía Serapias lingua foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 949. 1753.

Etimoloxía

Serapias: nome xenérico de orixe grega que se aplicou antigamente a unha orquídea non identificada con certeza, quizais Orchis morio. Provén dun deus exipcio chamado Serapis en cuxos templos os devotos dedicábanse aos praceres da carne. O nome que Linné asignou a este xénero quizais se debe a que a algunhas orquídeas atribúenselle efectos afrodisíacos.

lingua: epíteto latino que significa "con forma de lingua".En Epítetos Botánicos

Subespecies:

Serapias lingua subsp. duriaei (Rchb. ex Batt.) Soó Serapias lingua subsp. lingua

Sinonimia

Orchis lingua (L.) Scop. 1772 Helleborine lingua (L.) Pers. 1807 Serapiastrum lingua (L.) A.A.Eaton 1908

subsp. duriaei (Rchb. ex Batt.) Soó

Serapias elsae P.Delforge Serapias gracilis Kreutz Serapias gregaria Godfery Serapias mauretanica Schltr. Serapias stenopetala Maire & T.Stephenson Serapias stricta Welw. ex Woods Serapias strictiflora Welw. ex Veiga Serapias strictiflora var. distenta Presser Serapias strictiflora subsp. gregaria (Godfery) Kreutz

subsp. lingua

Helleborine leucoglottis Steud. Helleborine oxyglottis (Willd.) Pers. Lonchitis oxyglottis (Willd.) Bubani Serapias brevibracteata St.-Lag. Serapias columnae (Rchb.f.) H.Fleischm. Serapias excavata Schltr. Serapias glabra Lapeyr. Serapias laxiflora var. columnae Rchb.f. Serapias oxyglottis Willd. Serapias oxyglottis var. pallescens Mutel Serapias strictiflora var. elsae (P.Delforge) C.Venhuis & P.Venhuis

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das orchidáceas

Ligazóns externas Orchidaceae en L. Watson and M.J. Dallwitz (1992 onwards). The Families of Flowering Plants: Descriptions, Illustrations, Identification, Information Retrieval. Catalogue of Life Angiosperm Phylogeny Website GRIN Taxonomía Vegetal USDA ITIS

Categoría:Serapias Categoría:Orquídeas de Galicia