O δ-caroteno (delta-caroteno) ou ε,ψ-caroteno é unha forma de caroteno que ten un anel ε nun extremo e outro non ciclado chamado ψ (psi) no outro extremo. É un produto intermediario biosintético nalgunhas plantas entre o licopeno e o α-caroteno (β,ε-caroteno) ou ε-caroteno (ε,ε-caroteno). O δ-caroteno é liposoluble. Contén unha alfa-ionona en vez dun anel de beta-ionona; esta conversión depende do xene Del que cambia de posición o dobre enlace na estrutura anular da molécula. A formación de δ-caroteno en presenza do xene Del é sensible á temperatura.
Notas
Categoría:Carotenoides Categoría:Tetraterpenos Categoría:Ciclohexenos