Vas (alemán: Eisenburg, esloveno Železna županija) é o nome do condado administrativo (megye) da Hungría actual , e tamén do antigo reino Húngaro.

O condado de Vas está situado no oeste de Hungría. Fai fronteira con Austria e Eslovenia e cos condados húngaros de Győr-Moson-Sopron, Veszprém e Zala. A capital de Vas é Szombathely. O condado ten unha área de 3.336 km² e unha poboación de 268.653 habitantes.

Estrutura rexional miniatura|dereita| Vista aérea de Szombathely - Hungría

Cidade con dereito de condado

Szombathely

Vilas principais (ordenadas por poboación segundo o censo do 2001)

Sárvár (15 651) Körmend (12 616) Kőszeg (11 731) Celldömölk (11 650) Szentgotthárd (9090) Vasvár (4705) Csepreg (3640) Répcelak (2697) Őriszentpéter (1293)

Categoría:Condados de Hungría