Etxarri Aranatz é un concello de Navarra, na comarca de Sakana, dentro do meiriñado de Pamplona. Está formado polos núcleos de Lizarragabengoa e Etxarri Aranatz. Limita ao norte coa serra de Aralar e Ataun (Guipúscoa), ao sur coa serra de Urbasa e Ergoiena, ao leste con Arbizu e ao oeste con Bakaiku.
Demografía No ano 2023 contaba cunha poboación de 2 521 habitantes.
Notas
Categoría:Concellos de Navarra